Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades

Calle Xosé María Suárez Núñez, s/n - Campus Vida, Santiago de Compostela, 15706
Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades is one of the popular Educational Research Center located in Calle Xosé María Suárez Núñez, s/n - Campus Vida ,Santiago de Compostela listed under Psychologist in Santiago de Compostela , Educational Research Center in Santiago de Compostela ,

Contact Details & Working Hours

More about Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades

A Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades, como entidade en quen delega o Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, é actualmente un referente no campo da alta capacidade en Galicia e constitúe un dos grupos de investigación máis activos a nivel nacional nesta área de coñecemento.
Somos unha equipa MULTIDISCIPLINAR (psicoloxía, maxisterio, pedagoxía, educación social, educación artística) de carácter aberto, activo e innovador. Consideramos que a profesionalidade e a ética deben primar no exercicio educativo, polo que damos unha importancia especial a calidade das nosas accións.
A nosa actividade resúmese en catro grandes áreas: INVESTIGACIÓN, AVALIACIÓN, DESEÑO DE PROGRAMAS EDUCATIVOS e FORMACIÓN PARA EDUCADORES.
INVESTIGACIÓN Intervención no desenvolvemento cognitivo, emocional e social en suxeitos con altas capacidades, deseño de probas para detección de talentos matemáticos e verbais, deseño de programas educativos de actuación con suxeitos de altas capacidades e as súas familias, intervención en problemas de conduta. Somos ademáis os referentes nacionáis na METODOLOXÍA SEM elaborada polo profesor Joseph Renzulli.
SERVIZOS Avaliación e identificación de altas capacidades (precoces, talentos e superdotados), intervención en problemas de conduta, desmotivación, concentración, asesoramento a centros, familias, asociacións, cursos de formación.
CONVENIOS E PROXECTOS Convenios con outras entidades e deseño de proxectos educativos, tales como o Concello de A Coruña, a Asociación de Altas Capacidades de Galicia e a Fundación Barrié.

Map of Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades