Liga Santaballesa, Santaballa

Feiranova, s/n, Lugo, 27830
Liga Santaballesa, Santaballa Liga Santaballesa, Santaballa is one of the popular Website located in Feiranova, s/n ,Lugo listed under Non-profit organization in Lugo ,

Contact Details & Working Hours

More about Liga Santaballesa, Santaballa

Na cidade de la Habana a dia 07 de Outubro de 1907 no domicilio do Sr. Francisco Naseiro Castro no numero 51 da rua Campanario, domicilio social reuníronse 54 naturais de Sentáballa, e das localidades limitrofes de Mourence, Vilalba, Vilapedre, Lousada, Tardad, Distriz e Gondaisque coa fin de fundar na parroquia de Santáballa unha escola de instrucción elemental e superior para nenos e adultos de ambos sexos.
En esa reunión que comenzou as oito da mañan e rematou as once e cuarto acordouse crear a sociedade “Liga Santaballesa de Educación e Instrucción” sendo nomeados presidente e secretario Don José Paz Lopez e Don Fermín Fraga Barro respectivamente.

No primeiro regulamento especificábanse as ensinanzas que se debían impartir, tanto nun primeiro nivel ou primario como noutro nivel máis avanzado. Non só se pretendían as aprendizaxes das “catro regras” senón tamén unha formación en xeografía, historia, nocións de agricultura e cálculo mercantil. É dicir, naquelas áreas que os emigrados vían as súas necesidades.

Mesmo se contemplaba que se impartise docencia de historia, xeografía, lingua e gramática galegas. Sendo o primeiro centro educativo a nivel mundial que incluíu no seu plan de estudios estas materias, tamén se contemplou a posibilidade da docencia dos idiomas inglés e francés.

O nivel elemental estaba destinado para ser cursado por todos os escolares e eran gratuítos tanto a matricula como os libros e o material escolar.

Os alumnos de educación superior debían de adquirir os libros pero a matricula e o material escolar eran de balde.

En 1916 elévase a petición de recoñecemento da escola de Santaballa á Universidade de Santiago, organismo competente na materia naquela época. Para tal recoñecemento, os plans de estudos deberon modificarse e adaptarse ó que hoxe denominariamos “currículo oficial”. Quedaban atrás os estudos de lingua galega e literatura por imperativo legal. Pero si que a Historia e a Xeografía de Galicia tiñan cabida dentro do contexto xeral de España.

Igualmente as nocións de agricultura inculcábanse a través das chamadas “festa da árbore” e ás clases de agricultura que motivaban un achegamento ecolóxico á natureza.

Polo que parece tampouco se chegaron a impartir o nivel superior de estudios que no seu momento se pretenderan enfocar á contabilidade e administración de empresas (unha actual formación profesional). Probablemente os esforzos económicos dos emigrados non daban para máis e as posibilidades de continuar estudios dos nenos da parroquia eran precarias.

A construción, acondicionamento e aprovisionamento da escola prolongouse o longo de 10 anos ata que se empezaron a impartir clases nela, durante ese tempo impartíronse clases en locais provisionais alugados ou cedidos a tal efecto.

Dende a súa fundación e ata 1928 os habaneiros custearon non só a construción da escola e o seu mantemento, senón tamén a amoblaron, e pagaron ó mestre titular e á mestra auxiliar (que se encargaba dos máis pequenos e das nenas). E tamén pagaban o material escolar necesario para todos, adiantándose así en cen anos ó que na actualidade, e parcialmente, se realiza. O ensino era totalmente gratuíto.

A partir de 1928 fíxose cargo o Estado do salario do profesor e ese ano inaugurouse outro edificio escolar con destino á denominada “escola nacional”, edificio que tamén se construíu coas apartacións dos veciños e que se ergue no lugar de Bordelle.

Don Domingo Pérez Ocampo volveu facer outro chamamento á veciñanza e ós habaneiros e construíuse un terceiro edificio en Fontepisón, que se inaugurou como escola en 1929-1930.

A partir desta data a parroquia contou con tres edificios escolares, se ben hai que dicir que nos locais da Liga funcionaban dúas aulas, ata os tempos modernos de concentracións escolares.

O edificio foi adquirido polo “Patronato Pro Escola de Santaballa” no ano 1959 por un precio simbólico a sociedade Liga Santaballesa da habana (Cuba) , actualmente este padroado ten como socios os veciños da parroquia de Santaballa.

A dia de hoxe xa esquecida a súa función de escola primaria o edificio da Liga Santaballesa sobrevive como centro multiusos e conserva o seu espírito orixinal, servendo como centro social das diversas entidades que teñen a sua sede na parroquía de Santaballa:

Map of Liga Santaballesa, Santaballa