A Lareira é un referente como local típico de Vilalba, ofrece un ambiente enxebre con comida caseira xunto con viños galegos e casteláns.
Seguimos a tradición vilalbesa do chateo acompañado de tapas típicas.
As nosas especialidades como restaurante son o polbo a lareira con queixo de San Simón, a tortilla de bacallao e os bisteíños de solombo volta e volta . Así como unha variedade de sobremesas caseiras.