Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Xoan XXIII s/n, Santiago de Compostela, 15704 ,Spain
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal is one of the popular Library located in Xoan XXIII s/n ,Santiago de Compostela listed under Library in Santiago de Compostela ,

Contact Details & Working Hours

More about Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A Biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal ábrese para cubrir as necesidades básicas de información e cultura de tódolos usuarios e usuarias.
Con esta páxina pretendemos chegar a máis público e dun xeito máis áxil que a través do portal web, difundir as nosas actividades, as novas relacionadas coa biblioteca e o relativo á cultura e ás bibliotecas da nosa comunidade de interese para os nosos seguidores e seguidoras.

Os servizos que ofertamos na bibliotecas son os seguintes:

* Lectura na sala e consulta de materiais especiais
Este servizo ofrécese de maneira simultánea en distintas salas da biblioteca.
As salas distribúense da seguinte maneira:
-Hemeroteca, Fondo local e bedeteca (andar baixo)
-Sala Infantil (1º andar)
-Linguas, literatura, viaxes, música, cine e audiovisuais (2 andar)
-Libros informativos (3º andar)
Os materiais obxecto de consulta van dende obras de referencia ata documentos específicos das distintas áreas do coñecemento, e en diversos formatos —libros, CD, CD-ROM, DVD, Blu-Ray, revistas, prensa, etc.

* Préstamo
A Biblioteca ofrece varias posibilidades de préstamo:
-Préstamo a domicilio individual
-Préstamo colectivo a entidades
-Préstamo interbibliotecario
Levámosche os préstamos a casa!
--- Préstamo de portátiles
Poñemos á disposición dos usuarios adultos 10 portátiles con todos os periféricos que precisen: rato, lector/gravadora de cd/dvd, lector de tarxetas, lector de DNI-e ...
A normativa de prestámo pode consultarse na seguinte ligazón:
http://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/servizos/servizo-de-prestamo


---Préstamo de ebooks a través da plataforma GaliciaLe
GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato. Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas.
Hai dous catálogos: o do libro electrónico en galego” e o do libro electrónico en castelán. Os libros incluídos nestas dúas contornas poden lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.
Pregunta na biblioteca ou infórmate na páxina http://www.galiciale.gal

* Biblioteca Accesible
A Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal” pon en funcionamento o servizo “Biblioteca Accesible”, que ten como obxectivo que toda persoa con calquera tipo de discapacidade poida acceder á biblioteca e aos recursos informativos que hai nela.
Con esta finalidade, ofrecemos ordenadores e periféricos, animación cultural, formación de usuarios e unha colección accesible con libros e audiovisuais para colectivos que requiren unha atención diferenciada.
A esta oferta, engádese un edificio que xa estaba dotado dunha infraestructura accesible: ascensores, baños adaptados, accesos sen escalóns e con portas de apertura automática, mobiliario adaptado para a consulta de catálogos...
--Colección Accesible
Esta pequena colección de libros, audiovisuais e documentos electrónicos está dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Está ubicada no 2º andar e na Sala Infantil. Forman parte dela:
-Libros de lectura fácil
-Libros en Letra Grande
-Lectura para Invidentes
-Libros temáticos sobre discapacidade
-Libros informativos relativos a lexislación sobre discapacitados, formación laboral, inserción, organizacións, dicionarios en lingua de signos, etc.
-Audiolibros
-DVDs e vídeos
-Recursos electrónicos
-Animación Cultural: un sábado ao mes o contacontos infantil faise en lingua de signos, a cargo da Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia.
-Formación de usuarios: programa de formación a grupos no uso do hardware e software accesible (os venres ás 13 h. Requírese inscrición previa)
-Ocio: dispoñemos dun xadrez especialmente deseñado para integrar aos invidentes neste xogo.

* Información: xeral e bibliográfica
Co fin de facilitar ó lector o acceso á Biblioteca e ó uso dos seus fondos, o Centro dispón dun servizo de atención e información que se ofrece dende o terceiro andar. Este servizo axuda ós usuarios a:
Coñecer as normas de uso da Biblioteca e a ubicación dos diferentes servizos.
Utilizar mellor os fondos.
Resolver as dúbidas sobre a obtención da información, tanto bibliográfica coma xeral.
Manexar o OPAC (catálogo en liña da Biblioteca), as bases de datos en CD-ROM e o acceso a Internet.
Se o usuario desexa algunha obra que no ten a Biblioteca, pode solicitar a súa adquisición cubrindo o impreso de solicitude ou desiderata que atopará no mostrador de información e control de tódalas salas da Biblioteca.

* Consulta de Internet
A Biblioteca dispón de 36 postos específicos para acceso a Internet, distribuidos entre as 4 andares.
A consulta é pública e gratuíta. A primeira vez que se usa hai que rexistrarse cubrindo un pequeno formulario que aparece na pantalla.
Ollo! hai que quedarse co nome de usuario e a contrasinal para usalos máis veces. Se non o lembras ou o perdes, pregunta no mostrador.
O servizo está pensado para a procura de información con fins culturais, de investigación e de consulta en xeral.
O tempo máximo para a utilización deste servizo é de 90 minutos por usuario e día.
O ordenador reiniciarase automaticamente ao rematar cada sesión.

* Reserva de Salas de traballo en grupo
Na biblioteca hai dúas salas de traballo en grupo dispoñibles para o seu uso polo público. O mínimo de persoas para a reserva son dúas. Para facer a reserva é preciso anotarse nunha lista no mostrador do andar baixo ou chamar ao número 881 999 401.
As salas están ubicadas no 3º andar e poderánse utilizar para calquera actividade sen ánimo de lucro.

* Salón de Actos
O Salón de Actos da Biblioteca tamén é público e calquera pode reservalo para realizar actividades de tipo cultural (presentacións de libros, exposicións, conferencias ...)
pódese facer a reserva a través do formulario:
http://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/reserva-de-instalacions

ou chamando á biblioteca ao teléfono 881 999 401.

* Reprografía
En cada andar (salvo no 2º) hai a disposición dos usuarios 1 fotocopiadora en branco e negro en autoservicio.
As fotocopiadoras só se poderán utilizar para realizar copia de parte dos libros ou publicacións periódicas da Biblioteca, respetando a lexislación vixente sobre Propiedade Intelectual. En ningún caso se poderán utilizar para facer fotocopias doutros tipos de materiales tales como apuntes, traballos propios, etc.

Map of Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal