A Xuventude Comunista é a organización xuvenil do Partido Comunista da Galiza (PCG). Independente en canto ó organizativo e autónoma no político, a Xuventude Comunista considérase unha organización-escola de comunistas, de cadros, de activistas capaces de levar a bo fin a extensión da loita ideolóxica, política e económica pola superación do sistema capitalista e as súas contradicións.