Xosé Lois Romero

-NA-,
Xosé Lois Romero Xosé Lois Romero is one of the popular Musician located in ,-NA- listed under Musician in -NA- ,

Contact Details & Working Hours

More about Xosé Lois Romero

Xosé Lois Romero é unha figura ineludible na evolución da música popular galega dos últimos 30 anos.

Percusionista, acordeonista, compositor, arreglista, creador, divulgador ou docente, o seu nome está ligado a algúns dos momentos e artistas máis sobranceiros da recente historia da música en Galicia, dende os cuartetos tradicionais Lelia Doura e Luvas Verdes, até Mercedes Peón, a Nova Galega de Danza ou a Orquestra de Jazz de Galicia, pasando por Fuxan os Ventos, aCadaCanto, Radio Cos, Quique Peón Cía, Grupo Tradicional da AGADIC, Jane Joyd, e un longo etcétera, cos que ten percorrido todo o mundo, dende Amann a Bos Aires, e dende Harare a Nova Iorque.

Premiado en numerosas ocasións, ten colaborado con diversas publicacións de divulgación do folclore e é coautor xunto a Xesús Vaamonde da colección didáctico-musical “Pel e madeira”.

Os seus proxectos actuais son o trío Vaamonde, Lamas e Romero e o seu máis persoal proxecto Xosé Lois Romero e Aliboria, unha anovadora formación de voces e percusións enxebres.

O seu traballo caracterízase polo eclecticismo, a versatilidade e a renovación permanente, mesturando a tradición musical galega con ingredientes da música celta, o jazz ou a world music, e por estar incondicionalmente comprometido e enraizado no folclore do país e na súa singularidade e potencialidade no mundo.

Map of Xosé Lois Romero