Vigo En Galego

Praza do Rei, núm. 1-1º andar, Vigo, 36202 ,-NA-
Vigo En Galego Vigo En Galego is one of the popular Government Organization located in Praza do Rei, núm. 1-1º andar ,Vigo listed under Government organization in Vigo ,

Contact Details & Working Hours

More about Vigo En Galego

En sesión de 8 de novembro de 1988, o Concello de Vigo aproba, por unanimidade, a Ordenanza municipal de normalización lingüística, (publicada no BOP de 17 de maio de 1989) que marca os criterios en política lingüística desta administración. Para lle dar cumprimento a este texto legal, no ano 1898 créase o Servizo de Normalización Lingüística.
A normalización lingüística é un proceso participativo e aberto que ha implicar as administracións e á cidadanía. O Concello de Vigo dotouse dunhas canles de participación como son o Consello Social da Lingua e a Comisión Cidadá de Normalización Lingüística.

Toda acción normalizadora ha estar enmarcada nun proxecto global que determine as directrices que cómpre seguir. O Plan de dinamización lingüística do Concello de Vigo apróbase no ano 2006 co fin de “conseguir que o galego sexa usado decote pola práctica totalidade da poboación viguesa” (art. 1 do Regulamento do Consello Social da Lingua).

O SNL está enmarcado na Concellaría de Normalización Lingüística e realiza o seu labor cunha dobre proxección: interna (administrativamente) e externa (cara á cidadanía).

O seu traballo oriéntase no asesoramento lingüístico, na divulgación dos dereitos e lexislación lingüística; coñecemento, dinamización e proxección da lingua galega no cumprimento da normativa que expresa o deber normalizador da administración coa lingua propia de Galicia.

Map of Vigo En Galego