A Universidade da Coruña é unha universidade moderna, innovadora e dinámica. Ten 21 facultades e escolas propias e 3 adscritas nos campus da Coruña e Ferrol, nas que se imparten 38 graos e 53 mestrados oficiais a uns 24.500 estudantes. A UDC fomenta a mobilidade internacional tanto para estudar como para facer prácticas en empresas europeas.
A satisfacción do estudantado coa UDC é superior á media universitaria española, ao igual que a inserción laboral e o índice de emprendemento dos seus titulados. A UDC conta con viveiro de empresas e Parque Tecnolóxico.