SEPA-interea

Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, Facultade de Ciencias da Educación, Campus Vida., Santiago de Compostela, 15782 ,Spain
SEPA-interea SEPA-interea is one of the popular Educational Research Center located in Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, Facultade de Ciencias da Educación, Campus Vida. ,Santiago de Compostela listed under Education in Santiago de Compostela , Educational Research in Santiago de Compostela ,

Contact Details & Working Hours

More about SEPA-interea

O Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea), GI - 1147, está constituído no Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Universidade de Santiago de Compostela. Este Grupo, dirixido polo Catedrático de Pedagoxía Social D. José Antonio Caride Gómez, ten recoñecida a súa condición como Grupo de Investigación de Referencia Competitiva (GRC2013-018) co financiamento da Xunta de Galicia e os Fondos FEDER.

Creado como equipo no ano 2000 (coa elaboración do novo catálogo de Grupos de Investigación pola Universidade de Santiago de Compostela) na súa estrutura intégrase desde o ano 2004 profesorado e persoal investigador da Universidade de A Coruña (UDC) no marco do proxecto interea (Iniciativas y Recursos en el Territorio para la Acción Local), promovido e financiado mediante convenio pola Deputación Provincial da Coruña. Así mesmo, ten recoñecida a súa condición de Unidade de Investigación Competitiva nas Áreas de Humanidades e Ciencias Sociais no Sistema Universitario Galego (Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica da Xunta de Galicia) desde decembro de 2006. Na traxectoria do Grupo Investigador e no Curriculum Vitae das persoas integrantes consta a dirección de máis de 45 Teses Doutorais, fundamentalmente no marco do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Comspotela; sendo un dos que ten acreditado un maior número de Teses dirixidas nos últimos anos nesta Universidade.

O grupo SEPA forma parte de diversas sociedades e de dúas grandes Redes de Investigación, que integran máis de cen investigadoras e investigadores de diferentes universidades nacionais e internacionais.

Map of SEPA-interea