Santuariodofaro

Chantada, 27513 ,Spain
Santuariodofaro Santuariodofaro is one of the popular Religious Organization located in ,Chantada listed under Church/religious organization in Chantada , Religious Organization in Chantada ,

Contact Details & Working Hours

More about Santuariodofaro

Polo menos dende a Idade Media (S. XIII) celébrase no alto do Monte Faro (1.177 m.) unha romería adicada á Nosa Señora. Por isi o trovador Johan de Requeixo escribiu:

"Fui eu, madre, en romaria a Faro con meu amigo
e venho d'el namorada por quanto falou comigo,
ca mi jurou que morria
por mi; tal ben me quería!"

A ermida que hoxe podemos ollar é o resultado dunha reedificación completa, obra que se acometeu na segunda metade do século XVII. Tamén se fixeron reformas no ano 1726 e que se reconstruíu o presbiterio “a cimentis” no primeiro terzo do século XIX. De tódolos xeitos, o edificio quedou inconcluso.

Garda a imaxe chamada "A Nai" ou "A Vella" e na igrexa parroquial de Santiago de Requeixo gárdase "A Filla" ou "a Virxe da Octava".

Na actualidade hai culto no santuario tódolos domingos dos meses de xullo a setembro. Hai romería o 15 de agosto e o 8 de setembro. Os romeiros suben en moitos casos camiñando e noutros da cabalo ou en coche. Suben a "Costa da Virxe" (algún descalzos e outros de xeonllos) achéganse á ermida da Nosa Señora a participar na Eucaristía e despois diríxense á Fonte da Virxe a beber da súa auga e lava-las mans e a cara. Na rómería do día 8 o ritual é máis fermoso aínda: o día sete ppola mañán ten lugar a Subida da Imaxe ("A Filla") a pé cara o Santuario para xa nas proximidades deste atoparse coa outra imaxe ("A Vella") e xuntar continuar cara o o cume. As dúas imaxes permañecerán no santuario ata o día 9 se setembro pola tarde, día no cal se celebra a "Baixada da Santa".

Hai outras dúas fontes. A Fonte de Santa Eufemia ou "dos Rapaces" na que as nais lavan os rapaces e a "Fonte das Ortigas" considerada milagreira para as doenzas da barriga.

Map of Santuariodofaro