Programa Vagalume

Rúa dos Loureiros nº3 baixo, Santiago de Compostela, 15704
Programa Vagalume Programa Vagalume is one of the popular Nonprofit Organization located in Rúa dos Loureiros nº3 baixo ,Santiago de Compostela listed under Non-profit organization in Santiago de Compostela ,

Contact Details & Working Hours

More about Programa Vagalume

O Programa Vagalume é un proxecto das Irmás Oblatas e Cáritas Diocesana de Santiago. O centro está especializado en dar apoio a mulleres que viven en contextos de prostitución e/ou son obxecto de trata con fins de explotación sexual. En Vagalume ofrécese información e asesoramento totalmente gratuíto, confidencial e non discriminatorio.

Entre os obxectivos de Vagalume:
- Coñecer directamente a realidade da prostitución achegándonos para iso aos lugares onde se leva a cabo: clubes e pisos.
- Ser un lugar de referencia onde as mulleres e as crianzas ao seu cargo atopen apoio, información, orientación e poidan iniciar un proceso de recuperación.
- Mediar entre as mulleres e os distintos recursos.
- Favorecer a súa calidade de vida.
- Promover a súa autonomía.
- Identificar, acoller e acompañar ás mulleres obxecto de trata con fins de explotación sexual no proceso de recuperación persoal.
- Informar e sensibilizar á sociedade en xeral da situación das mulleres obxecto de explotación sexual e trata.
O traballo que desenvolve Vagalume pode dividirse en catro bloques:

CENTRO DE DÍA

A finalidade do centro de día é proporcionar á muller, que se atopane n contextos de prostitución e/ou son vítimas de trata con fins de explotación sexual, un lugar específico e especializado onde mellorar o seu benestar e calidade de vida de forma integral, social, persoal, xurídica, emocional, sanitaria e laboral. Os obxectivos son previr a exclusión social, derivada primordialmente, do contexto da prostitución e ofrecer opcións reais para que as mulleres que viven en contextos de prostitución poidan ter unha maior decisión sobre a súa vida.
Así, no centro de día ofrécese información, orientación, un itinerario formativo bolseiro, diferentes servizos que dan resposta especializada ás demandas das mulleres participantes. Tamén levan a cabo actuacións paliativas, nas que se trata de reducir dano e, noutros casos, de reducir o impacto das secuelas do exercicio da prostitución e da trata.
Ofréceselles ás mulleres un espazo de confianza e respecto onde as mulleres, en situación de gran vulnerabilidade social, poidan expresar libremente as súas dificultades e necesidades.
Realízanse entrevistas informativas e/ou asesoramento social, derivacións (realización de contacto e xestións para a atención por outras entidades) e acompañamentos sociais.
Asesoría xurídica: Ten como obxectivo dar resposta ás necesidades en canto a temas socio-xurídicos e informar sobre os dereitos a posibles vítimas de trata con fins de explotación sexual. Realízanse entrevistas e/ou consultas, acompañamentos xurídicos e sociais e seguimentos.
Atención psicolóxica: O seu principal obxectivo é traballar e acompañar á muller en todo o referente ao coidado e promoción da súa saúde; na dimensión emocional, física e sexual. Lévase a cabo unha entrevista inicial, un tratamento psicoterapéutico, orientación psicolóxica, intervención en casos de crises, seguimento e coordinación con outros servizos, elaboración de informes e asistencia a persoas obxecto de trata en xuízo.
Orientación socio-laboral: Os obxectivos que persegue este servizo son o de descubrir e potenciar capacidades e actitudes adecuadas, coñecer os recursos e estratexias para a procura activa de emprego, coñecer os dereitos laborais básicos e os tipos de contrato máis frecuentes, aprender a confeccionar un C.V. e expor como afrontar unha entrevista e por último, coñecer estratexias de toma de decisións e de resolución de conflitos. Par así potenciar a recuperación de hábitos persoais básicos, habilidades e ferramentas necesarias para iniciar un proceso formativo básico e unha procura activa de emprego a través de varios talleres.
Proxecto mellora da calidade de vida: O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida no ámbito socio-sanitario a través do acompañamento e desenvolvemento dos diferentes talleres.
Talleres formativos e de recuperación persoal: O seu fin é o de potenciar a recuperación de hábitos persoais básicos, habilidades sociais e capacidades persoais necesarias para iniciar unha recuperación integral. É un proceso formativo básico a través de varios talleres de formación e recuperación co fin de realizar dun proxecto persoal.
Formación e promoción para a saúde: Engloba as actividades de formación en hábitos saudables e de prevención: información sobre E.T.S. (enfermidades de transmisión sexual), reparto de preservativos e orientación en métodos anticonceptivos.

CENTRO PSICOEDUCATIVO E FAMILIAR

Este centro está dirixido a familias que se atopan en dificultades coas súas fillas e fillos, co fin de mellorar o benestar da familia e de cada un dos membros que queiran:
- Mellorar o vínculo materno/paterno filial.
- Adquirir pautas educativas adaptadas ás necesidades das súas fillas/os.
- Axudar ás crianzas a descubrir e/ou desenvolver as súas potencialidades, capacidades e/ou habilidades.
- Actuar ante o fracaso escolar.
- Traballar e acompañar ás criaznas no seu proceso de recuperación emocional ante un trauma sufrido.
E ten como obxectivos:
- Apoiar ás familias en canto á educación dos seus fillos/as.
- Ser referente para as crianzas e as mozas/os en dificultade.
- Ser ponte para a integración social, educativa e cultural de cada neno/a e/ou adolescente.
Entre as accións que se levan a cabo no centro psicoeducativo e familiar destacan:
- Asesoramento familiar: Trátase de proporcionar intervención terapéutica específica que permita a todo o sistema familiar (nai, pai, fillo/a) facer os axustes necesarios para reducir conflitos e restablecer o bo funcionamento familiar.
- Proxecto "Vínculo": Ten como finalidade crear un espazo para restablecer e/ou mellorar o vínculo entre pais/nais e fillos/as cando estea deteriorado por algunha circunstancia específica; afastamento prolongado, situacións de tensión familiar continua, malos tratos, etc.
- Proxecto "Terapia de xogo": É un espazo onde o/a neno/a e/ou adolescente pode expresar as súas emocións (medo, ira, rabia...) dunha forma segura, así aprender a coñecerse, aceptarse e respectarse.
- Proxecto "Abrindo horizontes": A finalidade é abrir camiños a nenos/as e/ou adolescentes nos que predomina o fracaso escolar e os problemas de comportamento para que descubran ou melloren as súas potencialidades, capacidades e/ou habilidades. Todo iso realízase a través de: talleres de reforzo escolar, educativos e de habilidades persoais.

PISO DE ACOLLIDA

A finalidade deste piso é servir como residencia temporal e posibilitar un proceso de recuperación persoal para protexer, dar seguridade e apoio profesional á muller que vive en contextos de prostitución e pasa por unhas especiais dificultades que impiden a súa plena autonomía ; obstaculizando o seu camiño cara á integración socio-laboral como a aquelas que son vítimas de trata con fins de explotación sexual e necesitan un período de reflexión e recuperación persoal.
Os obxectivos son:
- Ser residencia temporal na cal, a muller conta co tempo necesario para a súa recuperación emocional e de reflexión.
- Potenciar os recursos persoais da muller para que poida afrontar situacións futuras de forma autónoma e capaz de elaborar un proxecto vital.
Algunhas das acción que se levan a cabo neste bloque de traballo son o empadroamento, tarxeta sanitaria, acompañamentos socio-sanitarios, orientación socio-laboral, elaboración dun plan individualizado de traballo (PIT), talleres de convivencia positiva (hábitos saudables, economía de fogar, aproveitamento do lecer e tempo libre) ou derivacións.

TRABALLO DE RÚA

Os obxectivos do traballo de rúa son a intervención directa no medio no que a muller exerce a prostitución para coñecer mellor cales son as súas necesidades, informar as mulleres sobre os seus dereitos sociais e sanitarios para que poidan acceder aos recursos, previr as ETS (enfermidades de transmisión sexual) a través da repartición de material profilácticoe converter Vagalume nun centro de referencia para as mulleres.

Map of Programa Vagalume

OTHER PLACES NEAR PROGRAMA VAGALUME