Pensar a voces

Casa do Concello, Cee, A Coruña, Cee, 15270 ,Spain
Pensar a voces Pensar a voces is one of the popular Education located in Casa do Concello, Cee, A Coruña ,Cee listed under Education in Cee ,

Contact Details & Working Hours

More about Pensar a voces

III Encontros de Filosofía na Costa da Morte
A pregunta pola música ou como pensar a voces
Setembro 2011

Dirección.- Javier Turnes e Pablo Seoane, coa colaboración de Nel Rodríguez Rial, Facultade de Filosofía, Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, USC.



Dende hai tres anos, un grupo de profesores e alumnos do ámbito filosófico e artístico veñen realizando, nos Concellos de Cee e Corcubión (e cunha existosa acollida) os ENCONTROS DE FILOSOFÍA NA COSTA DA MORTE. Durante os catro fins de semana (venres e sábados) do próximo mes de setembro celebrarase na vila de Cee a terceira edición destes Encontros, que leva nesta ocasión por título:

A PREGUNTA POLA MÚSICA OU COMO PENSAR A VOCES.

Como en anos anteriores, alén da Universidade Cromática das Virtudes (UCV, www.ucdv.wordpress.com), xermolo desta iniciativa, a Universidade de Santiago de Compostela a través da Facultade de Filosofía (que producirá un Curso de Formación Continua equivalente a 1 crédito) e o Concello de Cee, prestan o seu prezado apoio a este proxecto. Tamén patrocinan os Encontros as empresas: Ferroatlántica S.L., Inforneria, Vive Fisterra (Servicios Turísticos) así coma outras empresas que ao longo do verán se irán incorporando coa súa colaboración.
Se o obxectivo xeral destes Encontros foi desde o comezo o de dar voz (voces) e presencia á reflexión filosófica fóra do eido especializado e desde espazos abertos e periféricos (de aí a importancia que ten para os organizadores a singular paisaxe da Costa da Morte), e dirixir os seus contidos a persoas de toda condición e formación, o obxectivo específico desta terceira edición é facer posible o antedito utilizando como vehículos a música e a reflexión sobre a mesma.
Por iso estes terceiros Encontros caracterizaranse por un achegamento multidisciplinar ao fenómeno musical por medio de reputadas voces procedentes non só da Filosofía e da Música, senón de campos tan dispares como a física, a neurociencia, a psicoloxía, o dereito ou as artes plásticas. Entre esas voces atopamos a músicos como Abe Rábade, Alejandro Vargas ou Diego García e a a teóricos coma Ramón Andrés ou Fernando Palacios entre os máis de vinte nomes que presentan estes Encontros.
Así, cun afán integrador e divulgativo que non descoida o rigor, están concebidos os contidos; conferencias, concertos, obradoiros, mesas redondas, exposicións, performances, paseos sonoros e jam-sessions en horario nocturno: actividades plantexadas para que os asistentes non sexan meros espectadores ou oíntes senón verdadeiros participantes das xornadas.

Map of Pensar a voces