OLALAB Acción Cultural

Rúa Porta da Pena, 10, Santiago de Compostela, 15704 ,Spain
OLALAB Acción Cultural OLALAB Acción Cultural is one of the popular Arts & Entertainment located in Rúa Porta da Pena, 10 ,Santiago de Compostela listed under Arts & Entertainment in Santiago de Compostela , Organization in Santiago de Compostela ,

Contact Details & Working Hours

More about OLALAB Acción Cultural

OLALAB [Creatividade e Acción Cultural]
É un espazo cultural polivalente que desenvolve iniciativas dentro o marco das artes e en particular da arte contemporánea, xerando un clima de diálogo e análise a través da actividade de distintos colaboradores e grupos de traballo que reflexionan sobre as artes plásticas, a educación e creatividade artística, a artes escénicas, a música, a fotografía e a creación audiovisual entre outras. Dentro das súas accións reúne as propostas de xestores culturais, artistas e comisarios emerxentes, escritores, educadores, músicos e especialistas en creatividade.
Entre os obxectivos están:
1. Xerar actividades e propostas de carácter artístico dedicadas a todo público.
2. Crear redes de traballo colaborativas locais entre artistas e traballadores da cultura.
3. Enriquecer o tecido cultural favorecendo o diálogo entre as diferentes comunidades artísticas e a sociedade.

OLALAB Acción Cultural e un espazo para:

*A promoción e difusión dos axentes culturais en tódalas súas modalidades, para a defensa dos intereses dos profesionais destes ámbitos.
*A difusión e promoción das artes plásticas, escénicas e musicais.
*A introdución de novas propostas e linguaxes para a expresión e manifestación das artes plásticas, escénicas e musicais, así como o fomento da lingua galega como idioma de expresión para as mesmas.
*A experimentación de novas técnicas nas artes plásticas, escénicas e musicais.
*O fomento da educación artística e todas súas manifestacións como base para o desenvolvemento do individuo.
*Establecer acordos e cooperar con outras asociación, colectivos, entidades ou administración públicas ou privadas que permitan un maior desenvolvemento das creatividades.
*Programar actividades de carácter solidario.

Map of OLALAB Acción Cultural