O Castriño de Rebordechán

Rebordechán, Rebordechán, 36491 ,Spain
O Castriño de Rebordechán O Castriño de Rebordechán is one of the popular Organization located in Rebordechán ,Rebordechán listed under Organization in Rebordechán ,

Contact Details & Working Hours

More about O Castriño de Rebordechán

O CASTRIÑO

O día do ano 1962 no que se fixo público que a nosa Banda de Música se desfacía, xa houbo xente que se negou a aceptar esa realidade, refuxiándose na esperanza de que, algún día, Rebordechán espertaría de novo do letargo musical e recuperaría o seu ritmo.

Durante moitos anos, era frecuente escoitar, con orellas de rapaz, conversas dos vellos xunto a pota de augardente, nunha esfollada, nas mallas ou ao pé da lareira, nas que se dicía: “a Banda non volve, pero que lindo sería escoitar a música de novo na aldea, aínda que fose un gaiteiro”.

Os anos pasaron, pasaron tantos como 44 e, aqueles rapaces, xa homes feitos, e outros rapaces, no ano 2005, no Xantar do Castriño, decidiron, decidimos, pórlle cara e nome a ese longo soño colectivo. E así, puxémonos de acordo en contratar un mestre de música e botar a andar o grupo de gaitas “O Castriño”, nome que fai referencia ao lugar onde se tomou a decisión así como ao noso pasado castrexo.

Comezamos os ensaios en xaneiro de 2006 e o 18 de agosto de 2007, nun acto homenaxe ao Centenario da fundación da Banda, 22 “músicos novos” fixemos a presentación pública, da man de 14 músicos da Banda aínda vivos e do Gran Mestre Compositor ponteareán D. Rogelio Groba.

Dende aquela, esforzámonos cada día en facelo un pouquiño mellor; tocamos en todas as festas da parroquia, en seráns e noutras festas que nos convidan ou contratan; e, en todas, tratamos de cumprir co noso lema, a “máxima” pola que nos creamos: “dárlle saída á inquedanza de troula que levamos dentro e pasalo, se cabe, aínda mellor cando nos xuntamos”.

Map of O Castriño de Rebordechán