Nume_espazocreativo

C/ Miguel Rodríguez Bautista, nº 6, Santa Eugenia de Ribeira, 15960 ,Spain
Nume_espazocreativo Nume_espazocreativo is one of the popular Arts & Entertainment located in C/ Miguel Rodríguez Bautista, nº 6 ,Santa Eugenia de Ribeira listed under Arts & Entertainment in Santa Eugenia de Ribeira , Education in Santa Eugenia de Ribeira ,

Contact Details & Working Hours

More about Nume_espazocreativo

Sempre sentín unha profunda inquietude por entender o mundo, o externo e o meu, o interno. Unha inquietude que xamais se sacia: busco e indago e calquera persoa, cultura ou disciplina que me aportan unha visión diferente para explicar o mundo interésanme. E é a través dos procesos artísticos onde consigo entender o meu mundo interno e o mundo externo. Na expresión artística atopo as respostas e a liberación. Cando xorde a oportunidade de compartir estes procesos con outras persoas, a experiencia resúltame moito máis enriquecedora.

Conducida por esa inquietude, realicei cursos de formación nos campos da arteterapia, a educación, a formación ocupacional, as artes plásticas, o deseño gráfico, a creatividade, o teatro, o canto, a danza, a conciencia corporal e a saúde mental. Como artista plástica desenvolvín a miña obra fundamentalmente dentro do campo da pintura e a ilustración. Na miña traxectoria profesional fusionei os meus intereses sobre a educación e os procesos artísticos: profesora de ensino regulado, formadora ocupacional en deseño gráfico, deseñadora gráfica e monitora de artes plásticas en talleres dirixidos a diferentes colectivos.

Nos últimos anos adiqueime á arteterapia, formándome con profesionais especializados, e impartindo talleres para a asociación TP Galicia (Asociación para a asistencia e asesoramento en materia de trastornos da persoalidade).

En maio de 2015 inagurei en Ribeira, o meu pobo natal, NUME_ESPAZOCREATIVO. En Nume plasmo toda a miña bagaxe persoal e profesional: a visión da arte como medio ao servizo da saúde e o benestar das persoas, do seu crecemento persoal, do autocoñecemento e do desenvolvemento das súas potencialidades. Clases de pintura, debuxo, creación plástica, danza, talleres familiares, monográficos de fin de semana, exposicións e un sen fin de proxectos que van crecendo e vanse alimentando coa riqueza das persoas que se achegan a NUME.

Pilar Ageitos


Map of Nume_espazocreativo