Mundonen@s a única feira de Galicia dirixida ás familias con fillos de 0 a 16 anos, chega á súa segunda edición do 24 de febreiro ao 1 de marzo. Nela os visitantes poderán coñecer produtos e servizos innovadores en máis de 1.500 metros de exposición.
Ademais contaremos con actividades como contacontos, talleres didácticos, xogos tradicionais, música e festa infantil, entre outras, para gozar en familia dunha experiencia lúdica e participativa.