Móvete por Nogueira

Nogueira de Ramuín, Nogueira de Ramuin, ,Spain
Móvete por Nogueira Móvete por Nogueira is one of the popular Nonprofit Organization located in Nogueira de Ramuín ,Nogueira de Ramuin listed under Non-profit organization in Nogueira de Ramuin ,

Contact Details & Working Hours

More about Móvete por Nogueira

A Asociación Móvete Por Nogueira, (sin ánimo de lucro), e cunha clara vocación de recuperación, catalogación e divulgación do Patrimonio de Nogueira de Ramuín.

Composta por membros que de maneira voluntaria, aportan ós fins da mesma: ideas, plans de acción, iniciativas, traballos de acondicionamento de espacios degradados, etc...

Resérvase o dereito de suprimir calquer tipo de publicación, que polo seu contido, obsceno, palabras mal sonantes, se considere que vulnera os dereitos de personas físicas, xurídicas ou institucións.

Convida as personas interesadas en emprender accións de apelación á atención institucional, reclamacións ou denuncias, utilicen os medios que teñen á sua disposición, e sobradamente coñecidos polos cidadáns, tanto vía telefónica, como correo ordinario ou mesmo vía telemáticamente nos portais de ditas institucións (nas seccións destinadas a estes efectos).

Ó mesmo tempo declara, que ante unha posible actitude repetitiva de reproches, denuncias, insultos ou reclamacións nesta páxina de M.P.N. (Móvete Por Nogueira), resérvase o dereito de bloqueo e/ou supresión de usuarios que usen de maneira indiscriminada comentarios ofensivos.

En resume, deixar constancia na intención de levar a cabo por parte desta organización (sen ánimo de lucro) accións dirixidas "única e exclusivamente" á catalogación, recuperación, e promoción do Patrimonio Histórico-artístico, Paisaxístico, Cultural, Etnográfico, mediante accións dirixidas á consecución destes obxetivos: Percorridos polo entorno natural, charlas técnicas, exposicións, cursos, andainas, e organización de actividades lúdico-formativas.

Grazas polos vosos comentarios e aportacións para poder seguir medrando.
Un cordial saúdo a todos/as de parte dos que iniciamos esta fermosa andadura de Móvete Por Nogueira.

Map of Móvete por Nogueira