O Mercado do Xurés proponse como un espazo de comercialización dos produtos e experiencias que se poden atopar no Parque do Xurés. Nel haberá unha oferta completa dos produtos e servizos en función da tempada.
Está localizado no Suroeste da provincia de Ourense, facendo fronteira con Portugal. Está formado polos territorios de Entrimo, Lobios, Muiños, Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Calvos de Randín, Lobeira e Bande, concello onde se atopa.
Neste mercado promoverase tanto a oferta de produtos alimenticios feitos con materia prima da zona así como actividades relacionadas coa natureza e a aventura, que son os que máis fomentan o turismo na zona.