Mamás del Cunqueiro

Clara campoamor, 341, Vigo, 36212
Mamás del Cunqueiro Mamás del Cunqueiro is one of the popular Obstetrician-Gynecologist (OBGYN) located in Clara campoamor, 341 ,Vigo listed under Medical company in Vigo , Pediatrician in Vigo , Obstetrician-Gynecologist (OBGYN) in Vigo ,

Contact Details & Working Hours

More about Mamás del Cunqueiro

NOVO PROGRAMA DE HUMANIZACIÓN DO EMBARAZO DO HOSPITAL PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO

No marco do “Plan de Mellora e Escoita Activa pretendemos achegar ás futuras nais e familias información do circuíto asistencial que as mulleres xestantes deben seguer a súa chegada ao hospital cando se poñen de parto e coñecer co maior detalle posible as instalacións nas que as mulleres darán a luz. En proximas datas se incorporarán nesta mesma liña consellos no ambito do cuidado da saude da muller, proceso de xestación, parto e coidados do bebé.

“Queremos que os futuros pais e nais poidan dispoñer de toda a información e coñezan o centro e aos equipos de profesionais que lle atenderán, antes da súa chegada ao hospital. Estar ben informado lles aportará tranquilidade e seguridade. En definitiva, aproveitamos as ferramentas tecnolóxicas para achegarnos a cidadanía e tratar de humanizar a atención sanitaria ”-.

Os profesionais sanitarios informan
Son os propios profesionais do hospital, xinecólogos, matronas, anestesistas, enfermeiras e pediatras, as que realizan este circuíto guiado, mostrando as instalacións e explicando todo o proceso, desde a entrada por urxencias, as UTPR (Unidades de Traballo e Recuperación do Parto), as habitacións de puerperio, etcétera. Tamén son eles quen ofrecen consellos prácticos. Ademais, participan no proxecto, contando a súa experiencia, pais e nais que xa tiveron aos seus fillos no hospital.


Area Materno-Infantil máis grande de Galicia
A área materno-infantil do hospital Álvaro Cunqueiro, a máis importante de Galicia polo seu volume de actividade -xa que neste hospital nace en torno aos 4000 nenos ao ano- ocupa un lugar diferenciado no novo edificio hospitalario, con entrada independente ás consultas, e con dous hospitais de día, un infantil e outro obstétrico.

Na área obstétrica, que conta con 48 xinecólogos e 35 matronas, unha das novidades máis subliñables coas que se contará no HAC son as 12 UTPR (Unidade de Traballo, Preparación e Recuperación do parto). “Esta estrutura marca un salto cualitativo importante na atención ao parto na área de Vigo. Trátase de Unidades que integran todo o proceso do parto, a dilatación, expulsión, e a recuperación; feito que mellora a confortabilidade e as condicións da atención ofertada”-.

Nestas Unidades a mamá poderá estar acompañada en todo momento pola persoa da súa elección. Unha vez naza o bebé a nai é trasladada xunto co seu fillo a unha habitación, que é sempre individual.

Map of Mamás del Cunqueiro