ll Festa do Pan de Millo e ovo.

Tenorio,Cotobade., Pontevedra, 36120
ll Festa do Pan de Millo e ovo. ll Festa do Pan de Millo e ovo. is one of the popular Entrepreneur located in Tenorio,Cotobade. ,Pontevedra listed under Food & beverage company in Pontevedra ,

Contact Details & Working Hours

More about ll Festa do Pan de Millo e ovo.

O Pan de Millo é ideal para acompañar calquera prato típico galego, especial para acompañar a degustazón da carne de cocho e magnífico para facer tostado e untar con manteiga. Tamén resulta indispensabel para comer os Rixóns e outros manxares. Cotobade, un concello cun forte arraigo ás tradicións, celebra este ano, a súa segunda festa gastronómica, do Pan de millo e ovo. Tenorio, centro neurálxico Cotobadense, e zona de fornadores ( a meirande parte dos vecinos, antigamente, tiñan un forno de amasar na súa casa) co gallo de facelo pan, e co tempo de espera que había polo medio ( entre a cocción e demais) a tarea convertíase nunha festa, na que ademáis de xogos, e responsos, tamén había música (a Dirección do Grupo Foula, fixo un traballo de recollida, en diferentes zonas, donde a xente maior, nos contou e cantou, todo o relacionado, con este manxar). Dende Foula, quixemos facer unha pequena homenaxe, en forma de festa, recreando toda a laboura, e o que se move o arredor dela. Para dita festa contamos, cunhas veteranas amasadoras (Felisa, Maruja, e Mucha) que dunha maneira, ben didáctica e amena, achegarannos a tan bonita e dura tarefa.

Map of ll Festa do Pan de Millo e ovo.