Lar do Acivro

Cima de Vila, 11, Muimenta, 27377 ,Spain
Lar do Acivro Lar do Acivro is one of the popular Shopping & Retail located in Cima de Vila, 11 ,Muimenta listed under Shopping/retail in Muimenta , Shopping & Retail in Muimenta , Residence in Muimenta ,

Contact Details & Working Hours

More about Lar do Acivro

Esta Granxa Artesanal nace no seo da Casa de Familia que a Asociación "Fogares LAR" ten, desde 1989, en Muimenta (Terra Chá).

A finalidade de Lar do Acivro é a cría de diferentes especies animais, algunhas delas autóctonas como o porco celta, galiña de Mos, galiña piñeira, can de palleiro e outras de fóra de Galicia. Lar do Acivro é socia das organizacións específicas de cada unha destas razas.

Desta cría e mais da explotación dun pequeno horto encárganse, xunto cos seus educadores, os menores tutelados pola Xunta que conviven no citado fogar.

Deste modo, nunha época na que a inserción laboral é difícil, esta Granxa Artesanal resulta de gran importancia para axudar a estes rapaces e rapazas a asumir responsabilidades ao tempo que fomenta o seu gusto pola natureza e polo consumo de produtos naturais.

O obtido coa venda da produción da Granxa será reinvestido nela coa finalidade de manter e mellorar as súas instalacións.

Map of Lar do Acivro