Irmandade das Mariscadas

Casa da Alén, Carretera N-525, Km. 258, Biduedo, 32141 ,Spain
Irmandade das Mariscadas Irmandade das Mariscadas is one of the popular Nonprofit Organization located in Casa da Alén, Carretera N-525, Km. 258 ,Biduedo listed under Non-profit organization in Biduedo ,

Contact Details & Working Hours

More about Irmandade das Mariscadas

Gústanos o marisco sobre todas as cousas (o que non é marisco comémolo cando non hai marisco) e un día destes descubrimos a nosa conciencia de clase e decidimos organizarnos.
Na euforia do instante fundacional, consideramos seriamente emigrar ás Maldivas por ser terra rodeada de mar na que o consumo medio de marisco é duns 100 Kg por persoa e ano. Pero había un problema: gústanos tanto a nosa nación que descartamos a migración colectiva e deixamos constancia en acta de que "como en Galicia non se está nin se come en ningures".
Así que, desde o 1 de Abril -día moi apropiado por ser o de Santa Ágape-, somos, conformamos e constituímos unha Corrente Gastronómica Organizada e Autónoma dentro do Clube Gastronómico da Lareira dá Alén.
Na Casa dá Alén, organizaremos Festas do Marisco para yantares de domingos e "días santos"; coa sa e gastronómica intención de que as xentes que comparten a nosa afección veñan degustar marisco a esgalla, que non hai mellor cousa para a saúde nin dieta que máis plaza á alma.
Esperámosvos!!
Irmandade dás Mariscadas
info@mariscadas.club

Map of Irmandade das Mariscadas