Instituto Eduardo Blanco Amor -Ourense-

Avenida de Marín, Orense, 32001 ,Spain
Instituto Eduardo Blanco Amor -Ourense- Instituto Eduardo Blanco Amor -Ourense- is one of the popular School located in Avenida de Marín ,Orense listed under Education in Orense , School in Orense ,

Contact Details & Working Hours

More about Instituto Eduardo Blanco Amor -Ourense-

Anos 1966-67

O 22-10-1966 inaugúrase o Instituto Nacional de Enseñanza Media Masculino de Ourense.Éste é o actual Instituto Eduardo Blanco Amor.O primeiro director foi D. José Nieto Noya , catedrático de grego, que ata o momento do seu nomeamento como director do novo instituto ocupara o mesmo cargo no único Instituto que había na cidade, ou o que é o mesmo, o actual Otero Pedrayo situado na zona do Xardín.
Antes da construcción do Blanco Amor -e de que o nombraran evidentemente director do mesmo- foi nomeado presidente da Ponencia sobre ensinanza constituida no “Plan de desarrollo”. A primeira proposta estudiada por esta ponencia foi a creación dun novo Instituto en
Ourense. Por un Decreto de 1964 foi aprobada a creación do Instituto Masculino cunha capacidade para 1000 alumnos . O que existía ata o momento -o Otero Pedrayo- quedou como instituto femenino da cidade.
O Blanco Amor -ou Instituto masculino como se designaba entonces- debía construirse nos terreos cedidos polo Concello no barrio de A Ponte. Eran os terreos que ocupaba a antiga estación de ferrocarril de Ourense e que anteriormente, por un convenio do 12-11-1954, o Estado cedera ó Concello de Ourense. O proxecto foi obra do arquitecto D. Marciano Hernández Serrano e da construcción encargouse a empresa do ourensán Suárez Dacosta. O prepuposto foi de 14.152.006,56 ptas. Neste primeiro curso (1966-67) matriculáronse 432 alumnos de 10 a 18 anos ( e 90 en estudios nocturnos) que eran atendidos por 19 profesores. Durante o curso o Director Sr. Nieto é nomeado Inspector facéndose cargo
da Dirección Dª Agapita Serrano , catedrática de Latín.



1967-72:

Faise cargo da Dirección D. Manuel Albendea, catedrático de Filosofía. O Instituto chega a ter 1077 alumnos ( e 162
en nocturno) con 29 profesores. Por libre chegan a examinarse 931 alumnos na convocatoria de Xuño.
No curso 70-71 o Curso de Orientación Universitaria (COU) experimental



1972-84:

Faise cargo da Dirección D. Carlos Criado Martín, catedrático de Física e Química. No curso 75-76 empeza a impartirse o Bacharelato Unificado Polivalente (coñecido cou o BUP). No curso 77-78 convírtese en mixto e pasa a denominarse Instituto de Bacharelato Mixto nº 2 . No curso 82-83 é aprobada a proposta e pasa a denominarse Instituto de Bacharelato Eduardo Blanco Amor.Nestes anos o Instituto chega a ter 961 alumnos de idades entre 14 e 18 anos ( e 233 en estudios nocturnos) atendidos cunha plantilla de 59 profesores.



1984- :


Faise cargo da Dirección D. José Luis Diaz Leyes, catedrático de Matemáticas. En Xaneiro de 1990 faise a proposta de que sexa denominado co nome de Eduardo Blanco Amor ,en memoria do gran escritor ourensán que nos últimos anos da súa vida estivo moi vencellado a este Instituto.O 24-Abril-1992 celébranse os actos conmemorativos do XXV aniversario do Instituto. Nese momento o centro ten 828 alumnos ( e 241 en nocturno) cunha plantilla de 68 profesores . No curso 96-97 comenza a impartirse a Educación Secundaria Obrigatoria (coñecida como ESO) e pasa a denominarse Instituto de Educación Secundaria Eduardo Blanco Amor. No curso 2000-01 comenza a impartir o Bacharelato nas modalidades de Ciencias da Naturaza e a Saúde e de Humanidades e Ciencias Sociais. Neste mesmo curso empeza a impartir as Educación para Adultos , tanto de ESO como de Bacharelato.Actualmente o Instituto ten 719 alumnos ( e 121 en Adultos) cunha plantilla de 84 profesores

Map of Instituto Eduardo Blanco Amor -Ourense-