Hospital Meixoeiro Sergas

Camiño Meixoeiro, s/n, Vigo, 36200 ,Spain
Hospital Meixoeiro Sergas Hospital Meixoeiro Sergas is one of the popular Region located in Camiño Meixoeiro, s/n ,Vigo listed under Hospital/clinic in Vigo , Health/medical/pharmaceuticals in Vigo ,

Contact Details & Working Hours

More about Hospital Meixoeiro Sergas

O hospital do Meixoeiro desenvolve un papel fundamental na actual configuración do CHUVI, xa que nel se abordan prioritariamente o que constitúen as tres liñas estratéxicas que na actualidade se desenvolven na área: plan de redución de listas de espera, ambulatorización de procesos e manexo óptimo do paciente crónico, de idade avanzada e pluripatolóxico.
A reordenación integral da atención hospitalaria en Vigo, está orientada a dar resposta aos principais problemas que afronta a sanidade pública viguesa: as listas de espera, a atomización e dispersión de servizos e a non especialización dos centros. O Hospital do Meixoeiro xoga agora un papel decisivo na redución das listas de espera, tanto no ámbito cirúrxico como no ámbito das consultas, integra servizos, sobre todo no eido ambulatorio e oriéntase e especialízase na actividade ambulatoria e de curta estadía, ámbitos nos que Meixoeiro é líder.
Esta mesma tendenza se está a producir nos pacientes con patoloxía médica nos que as alternativas á hospitalización convencional (consultas de alta resolución ou acto único, Hospital de día, hospitalización a domicilio, etc) constitúen o modelo asistencial ao que se están a orientar as organizacións sanitarias modernas. Nese sentido, Meixoeiro xoga agora un novo papel, esencial, xa que está dotado de todo o necesario para levar a cabo este tipo de atención. O Hospital do Meixoeiro, centrarase especialmente no paciente crónico, de idade avanzada e pluripatolóxico, onde ademais será esencial o manexo compartido que dende o hospital se estableza con Atención Primaria.

DOTACIÓN TECNOLÓXICA.
Entre a dotación do Hospital do Meixoeiro, destacan especialmente: 4 Aceleradores lineiais, o maior número de Galicia, ademais da unidade de Braquiterapia Oncolóxica. Esta unidade é referencia para máis de 1.200.000 habitantes do sur de Galicia e é sen dúbida a maior unidade de Galicia e unha das máis e mellor dotadas do Estado, con parte dos seus equipos recentemente actualizados, e coa incorporación dun dos máis modernos aceleradores lineais existentes no mundo.
Na unidade de mama destaca o Mamógrafo 3D con tomosíntese ou o equipo de biopsia prona (referencia para a área sur de Galicia). En diagnóstico pola imaxe os dous TC, un de dous cortes e outro de 64, xunto cunha resonancia magnética de 1,5 Tesla, ademais dos equipos de radioloxía dixital directa e os equipos de ecografía, constitúen unha dotación ao nivel dun hospital de nivel III.
No ámbito do equipamento destaca así mesmo o xa comentado PET-CT ou as gammacámaras SPECT-CT, xunto co Laboratorio Core de Análises Clínicas, Hematoloxía e Microbioloxía.
Mención especial merece, así mesmo, a nova central de esterilización, unha das mellor dotadas de todo o Estado, que en consonancia coa actividade cirúrxica que se desenvolve no centro, incorpora os mellores equipos e o mellor sistema de trazabilidade.

ACTUACIÓNS RECENTES E INMEDIATAS:
Xa están rematadas as obras na área da Cirurxía Maior Ambulatoria, para adecuarse ao alto volume de intervencións que se están a realizar, e ofrecer ao paciente e aos seus familiares unhas mellores e máis amplas instalacións. O importe de esta obra alcanzou os 60.000 €. Do mesmo xeito xa están rematadas e en funcionamento as actuacións na nova área de lesionados medulares. Nas ultimas semanas levaronse a cabo tamen importantes melloras nos quirófanos do Hospital do Meixoeiro, con actuacións na comunicación dentro do bloque cirúrxico, a instalación dun quirofano integrado, a instalación dunha nova mesa cirúrxica, melloras nas lámpadas cirúrxicas, incorporación de monitores adicionais e a ampliación con un quirófano de cirurxía menor adicional ao que xa existía. Esta semana remataron as obras de adaptación na planta 0 para a ubicación do espazo para as curvas de glucosa para as embarazadas.
Están así mesmo licitados o concurso do novo laboratorio central, por un importe de 20,5 M de €, e as obras de adecuación dos espazos correspondentes, licitadas por un total de 1,6 M €. Tamen está licitada a obra da reforma das cubertas do bloque cirúrxico, licitadas por 328.908 €
Nas vindeiras semanas se porán en marcha así mesmo as obras da nova área de microbioloxía. Outras actuacións que se desenvolverán no Hospital do Meixoeiro son a adecuación de rehabilitación e a nova unidade de mama, na que se integrarán os equipos do programa galego de detección precoz do cancro de mama, ubicados actualmente na casa do mar.
A nova Central de estelización rematouse no mes de marzo por un importe total de 2 M €.
Abordarnse tamén actuacións nas actuais zonas de traballo de hospitalización para adecuar as áreas onde desenvolven as súas tarefas os profesionais. Tamén está previsto continuar as actuacións xa iniciadas en fachadas e cubertas.
Coa posta en marcha da Unidade de Pacientes Pluripatolóxicos no Hospital do Meixoeiro, optimizarase tamen o uso do Hospital de día e das unidades de hospitalizacion no marco da EOXI.

Servizo de Urxencias:
Nos ultimos anos, e nos distintos posicionamentos estratéxicos que se fixeron na área sanitaria, e especialmente no seu plan estratéxico, todos os colectivos profesionais, e todas as especialidades médicas coincidiron na necesidade de concentrar as urxencias nunha única porta de entrada, pois a situación que se vivía na área sanitaria ata 2015, con duas portas de urxencias complicaba de xeito importante o manexo das urxencias. O feito de ter especialidades no hospital Xeral que non estaban no Meixoeiro e viceversa provocaban demoras na asistencia, interconsultas que se retrasaban e molestias aos pacientes. Mesmo as que estaban duplicadas en ambas portas sufrían a falta de especialización e de organización axeitada. Existe consenso unánime entre os profesionais nas ventaxas de ter integrado as urxencias nunha unica porta.

Unidade de Críticos
No Hospital do Meixoeiro existe unha unidade de críticos perfectamente dotada tanto a anivel de recursos humanos como de recursos materiais. No ámbito do equipamento existen seis camas para pacientes críticos, das que hai agora mesmo tres habilitadas e tres mais dispoñibles. Esta unidade é xestionada polo Servicio de Anestesioloxía e Reanimación, que dispón da presenza dun anestesista as 24 horas do día, os sete días da semana. Ademais do persoal facultativo esta unidade dispón de persoal de enfermería específico, tamen as 24 horas do día, os sete días da semana. O persoal de enfermería dispoñible para o manexo do paciente crítico está composto por unha enfermeira específica de críticos e unha enfermeira de quirófano. Esta presenza garante, sen ninguha dúbida, a atención crítica de calquera paciente que o precise no Hospital e asi o ten demostardo o numero de atencións desenvoltas na mesma, do orde de 20 pacientes ao mes.

Coa reorganización da área sanitaria, e a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro, mellorouse notablemente a calidade asistencial da área de Vigo. En ese contexto e preciso superar a concepción tradicional do hospital Meixoeiro por outra máis moderna e acorde co novo deseño da área, correspondendolle outro papel, si cabe mais importante, para a saúde dos ciudadans e cun alto nivel asistencial.

Map of Hospital Meixoeiro Sergas