Happy Go Running

Campus Lagoas - Marcosende s/n, Vigo, 36310 ,Spain
Happy Go Running Happy Go Running is one of the popular Sports Event located in Campus Lagoas - Marcosende s/n ,Vigo listed under Sports & Recreation in Vigo , Organization in Vigo , Sports event in Vigo ,

Contact Details & Working Hours

More about Happy Go Running

> Que é?

A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, UNICEF, a Fundación Galega contra o Narcotráfico ou o Círculo Mercantil de Vigo.

A carreira de 10 KM forma parte do Circuíto de Carreiras Populares RunRunVigo polo que as persoas participantes na HappyGoRunning - Cidade Universitaria quedarán inscritas automaticamente no circuíto. A andaina presenta un percorrido moi atractivo polos arredores do campus Lagoas-Marcosende no que un dos puntos de reunión será no miradoiro de Beade, dende onde se pode observar a Ría de Vigo, a cidade, a península do Morrazo, as Illas Cíes e, no caso de bo tempo, as Illas Ons.

Podes atopar máis información e inscribirte no evento na web de www.championchipnorte.com

> Quen pode participar?

As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde* e nadas no ano 1997 ou anterior, no caso da carreira, ou no ano 2002 ou anterior, no caso da andaina.

> Información xeral

A IX edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro 26 de abril no Campus Lagoas - Marcosende e nela agárdase superar ás 800 persoas participantes.

Este ano o circuíto da carreira mantense sen cambios respecto das últimas dúas edicións e consistirá en dúas voltas de 5 quilómetros. Hai dúas posibilidades de participación:

10K (dúas voltas ó circuíto)
5K (unha volta ó circuíto)

Tamén nesta edición organizarase de xeito paralelo unha andaina de 10 km de lonxitude que transcorrerá polo entorno do Campus Universitario.

> Prepara os 10 KM con nós:

Contacta con atletismo@uvigo.es ou cos monitores das salas cardio-fitness dalgún dos 3 campus e axudarémosche a preparar a proba e contar con axuda técnica cualificada que necesitas.


> Inscricións:

As inscricións efectuaranse exclusivamente a través do enlace coa páxina de www.championchipnorte.com.
O prazo estará aberto dende o 2 de marzo ata as 23:59 h do martes 21 de abril.

> Taxas:

Carreira 10-5km :
- Comunidade universitaria Uvigo: 5 € (4 € de inscrición + 1 € solidario con UNICEF).
- Outras persoas participantes: 7 € (6 € de inscrición + 1 solidario con UNICEF).
Andaina - Persoas en xeral: 3 €
Consulta os circuítos e os perfís da carreira a continuación

> Límite de prazas
- Carreira: 900 prazas.
- Andaina: 200 prazas

> Premios e trofeos:
Os premios para as tres primeiras persoas da clasificación xeral tanto masculina como feminina serán en metálico e cos seguintes importes:

1º 400 €
2º 300 €
3º 200 €

> Horarios:

Andaina:
09.00 h - 09.30 h > Acreditación para a andaina: no Teatro Vidal Bolaño (Área Comercial do Campus Lagoas-Marcosende).
09:30 h > Saída da andaina: dende a Praza Miralles.

Carreira:
9.30 h - 10.30 h > Acreditación e recollida de dorsais para a carreira: no Teatro Vidal Bolaño (Área Comercial do Campus Lagoas-Marcosende).
11:00 h > Saída da carreira: dende a Piscina Universitaria (CDU AQUA - Vigo).
Entrega de premios e agasallos: ás 12:30 h no Teatro Vidal Bolaño.


> Accesos e outra información de interese:
Próximamente actualizaremos esta sección con toda a información sobre os horarios e os accesos ao campus, aparcadoiros, cortes de tráfico, agasallos, servizos de cafetería, comedor, ludoteca.

Map of Happy Go Running