Fisterra Hotel A Langosteira

AVDA DA CORUÑA 61, Finisterre, 15155 ,Spain
Fisterra Hotel A Langosteira Fisterra Hotel A Langosteira is one of the popular Hotel located in AVDA DA CORUÑA 61 ,Finisterre listed under Hotel in Finisterre ,

Contact Details & Working Hours

More about Fisterra Hotel A Langosteira

O NOVO LANGOSTEIRA

“Andar ás crebas” é recoller obxectos nas praias, nas ribeiras para reinventalos, reutilizalos. Son pequenos tesouros, aparentemente inservibles, aos que darlles unha inesperada segunda oportunidade.

Con eses pequenos tesouros foi que se compuxo esta nova casa, un hotel familiar que, ainda que con 30 anos de historia, reinaugúrase en 2015.

O deseñador, Pancho Lapeña, creou e traballou a fermosa idea de usar esas crebas, de mar e de terra que, recolectadas en moi diversos lugares, conforman e inspiran toda esta atmosfera con arrecendo a salitre.

O Hotel Langosteira atópase ao pé do Camiño, a un paso do centro da vila de Fisterra; olla á praia que lle dá nome, ao mar e ao Sol que sae por detrás do Monte Pindo.

Rosalía, Paulina e todo o persoal, convídanos a navegar con elas e poñen todo o seu esmero para que disfruten da súa estadía no hotel e na Costa da Morte.

SERVIZOS

O Hotel dispón de 11 cuartos, todos exteriores, catro deles con vistas ao mar. Todos dispoñen de baño privado, TV e calefacción.

Pode solicitar camas supletorias, os nenos menores de 2 anos poden aloxarse usando as camas existentes no cuarto, ademáis poden solicitar un berce de balde.

Hai wifi gratuito en todo o establecemento ademáis de computadora e impresora para uso dos clientes, tamén gratuito.

Dispoñemos de aparcamento público e gratuito diante do establecemento así como de garaxe privado (é preciso reservar) agás para as bicis e as motos que é de balde.No andar principal está a recepción e un salón social onde
atoparán información turística, lecturas e pasatempos e o comedor no que se sirven os almorzos.

Dispoñemos de servizo de bar para os clientes do hotel. Dispoñemos de servizo de lavandería
Podemos encargarnos de xestionar un transporte para a súa equipaxe e/ou bicicleta.

O personal do hotel Langosteira está á súa disposición para solucionar calquer dúbida e ofrecer informacións e recomendacións sobre que facer ou que ver e para que disfruten descubrindo Fisterra e a Costa da Morte.


LOCALIZACIÓN

O hotel Langosteira está situado na entrada do casco urbano de Fisterra, a 5 minutos a pé, do centro da vila, onde se topa a estación de autobuses, a oficina de información turística, o albergue municipal, o porto coa lonxa turística e o museo da pesca, así como a maioría de tendas, bares e servizos de restauración.

A outros 5 minutos a pé atópase a Praia Langosteira, de 3 km de lonxitude, e a praia de Mar de Fóra. Estamos a 3 km o Cabo e Faro Fisterra.

Como atoparnos

Pola estrada AC552, a 400 m da gasolineira, pasando o cruceiro a man dereita.

Map of Fisterra Hotel A Langosteira