FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Casa do Deporte, rúa Luis Ksado,17 - Of. 3, Vigo, 36209
FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN is one of the popular Nonprofit Organization located in Casa do Deporte, rúa Luis Ksado,17 - Of. 3 ,Vigo listed under Organization in Vigo , Nonprofit Organization in Vigo , Sport in Vigo ,

Contact Details & Working Hours

More about FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

A Federación Galega de Balonmán constitúese no ano 1984 coa adecuación do deporte á realidade do Estado das Autonomías tra-la fusión e, consecuentemente, desaparición das catro Federacións provinciais. Juan J. Lorenzo Izquierdo foi o seu presidente fundacional (1984-85).
En 1985 celébranse as primeiras eleccións a presidente, nas que resulta elexido Ramiro Losada Bastos, que revalida o su cargo en posteriores convocatorias (1988, 1992, 1994, 1998 e 2002).
O presidente actual é José Luis Pérez Ouro.

A sede social radica en Vigo.
Na década dos noventa o balonmán galego alcanza o seu maior punto de inflexión coa presencia de catro equipos na Liga Asobal: Teucro, Octavio, Cangas e Chapela. Academia Octavio e S.D. Teucro contan ademais co privilexio de ser os primeiros equipos galegos en tomar parte en competicións europeas.

En 1989 Galicia foi o epicentro do balonmán mundial ó organizar o Campionato do Mundo Iúnior. A selección da URSS, na que xogaba Talant Dushebaiev, alzouse co primeiro posto tras una apaixoante final contra España no Pavillón Municipal de Pontevedra.

Map of FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN