Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos

Avenida do Doutor Ángel Echeverri, Santiago de Compostela, 15782 ,Spain
Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos is one of the popular Community College located in Avenida do Doutor Ángel Echeverri ,Santiago de Compostela listed under Professional services in Santiago de Compostela , School in Santiago de Compostela , College & University in Santiago de Compostela , University in Santiago de Compostela ,

Contact Details & Working Hours

More about Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos

A actual Facultade de Relacións Laborais da USC é a herdeira da Escola Social de Santiago na que se impartía a titulación de Graduado Social. Os seus comezos remóntanse ó ano 1942, cando se crea en Santiago de Compostela o Seminario de Estudios Sociais, dependente do Ministerio de Traballo.
No ano 1946, por Orde Ministerial de 28 de xuño, o Seminario convértese en Escola Social.
No ano 1980, por R.D. 921/1980 de 3 de maio, establécese a equivalencia do título de Graduado Social co de diplomado universitario, aínda ca titulación non estivese incorporada ó catálogo oficial de titulacións universitarias oficiais en España.
No ano 1986 comeza o proceso de incorporación á universidade da titulación e do centro ca impartía, a Escola Social. Así, o R.D. 1524/1986 de 13 de xuño determina a obrigatoriedade da incorporación ás respectivas universidades españolas das ensinanzas de Graduado Social que se impartían nas diferentes Escolas Sociais españolas (e nos seus seminarios asociados).
O R.D. 1457/1989, de 1 de decembro, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensinanza de Graduado Social, determina o traspaso á Xunta de Galicia dos servizos, bens, dereitos e obrigas, así como o persoal pertencente á Escola Social de Santiago Compostela.
O Decreto 241/1991 de 4 de xuño, publicado no DOG de 18 de xullo, establece a integración da Escola Social de Santiago na Universidade de Santiago de Compostela, converténdose aquela en Escola Universitaria de Graduado Social e pasando a denominarse o título nela impartido Graduado Social diplomado.
No ano 1993, mediante Resolución de 15 de novembro, apróbase o plano de estudos para a obtención do título de diplomado en Relacións Laborais na Universidade de Santiago de Compostela. Dende o curso 1993/94 vaise incorporando, ano a ano, a titulación de diplomado en Relacións Laborais, en substitución da de Graduado Social que irá extinguíndose tamén ano a ano (curso a curso) ata a súa total desaparición.
Mediante Resolución de 9 de xuño de 1999, publícase o novo plano de estudos da diplomatura en Relacións Laborais, que entrará en vigor no ano académico 1999/2000, substituíndo, ano a ano tamén, ó plano de 1993.
Desde xullo de 1999, de acordo co Decreto 216/1999 de 15 de xullo (DOG de 26 de xullo), a denominación oficial do centro deixa de ser a de Escola Universitaria de Graduados Sociais, pasando a denominarse Escola Universitaria de Relacións Laborais.
O Consello de Goberno da USC, na súa sesión de data 10 de novembro de 2006, aprobou o Postgrao oficial interuniversitaria de Xestión e Dirección Laboral (título impartido conxuntamente polas tres universidades galegas: Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña), impartíndose, na USC, na Escola Universitaria de Relacións Laborais. A súa primeira edición celebrouse no curso 2006/2007.
No ano 2009, o Consello de Goberno da USC aprobou a implantación no centro do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos que comeza o seu camiño no curso 2009/2010, ó mesmo tempo ca diplomatura de Relacións Laborais, á que substitúe, inicia o seu proceso de extinción.
No ano 2011 iniciase o proceso de transformación da Escola en Facultade que culmina coa promulgación do decreto 224/2011, do 24 de novembro (publicado no DOG o 12 de decembro de 2011), polo que se modifica a denominación da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela, sendo a nova denominación Facultade de Relacións Laborais.

Map of Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos