Estadio Municipal de Balaídos

Avd/ Balaídos s/n, Vigo, 36210 ,Spain
Estadio Municipal de Balaídos Estadio Municipal de Balaídos is one of the popular Stadium, Arena & Sports Venue located in Avd/ Balaídos s/n ,Vigo listed under Sports venue in Vigo , Sports Venue & Stadium in Vigo ,

Contact Details & Working Hours

More about Estadio Municipal de Balaídos

Stadium de Balaídos dende 1928

O desenvolvemento de Vigo e o crecente aumento de socios obrigou á directiva a mudarse de casa. O arquitecto Jenaro de la Fuente daría vida a este proxecto, o cal tivo que ser modificado debido á dificultade para conseguir o diñeiro necesario para a súa construción.

O estadio albergaría unha capacidade para 22.000 espectadores, todos sentados e con localidades numeradas. O terreo de xogo tería unhas dimensións de 106 x 65 e contaría con pistas de atletismo. Baixo a bancada de Preferencia irían os vestiarios.

A cerimonia de bendición do estadio foi oficiada polo arcipreste da parroquia de Santa María, pai Faustino, quen ao finalizar o acto relixioso pronuncio frases como Viva Galiza, Viva Vigo, Viva o Celta, que foron correspondidas en aplausos polos miles de afeccionados que alí se congregaron.

O 30 de decembro de 1928, día invernal, ás 15h verificouse a inauguración do Stadium de Balaidos. Para esta solemnidade veu a Vigo o histórico e potentísimo equipo da Real Unión de Irún. O prezo das localidades oscilaron entre as 5 pesetas en Palco e Preferencia, 4 a bancada lateral Río, 3 a bancada de Gol con asento e 2 pesetas o Bancada Popular (Xeral, hoxe en día Fondo).

Os primeiros célticos que pisaron o céspede de Balaidos, foron os seguintes: Lilo, Cabezo, Pasarín, Paredes, Cárdenes, Vega, Reigosa, Chicha, Rogelio, Polo e Graciliano. Os irundarras presentaron este once: Emery, Alza, Anza, Malla, Gamborena, Villaverde, Altuna, Wherli, Urtizberea, Echebeste e Garmendia.

A vitoria do Celta foi aplastante, nunha tarde de verdadeira inspiración, os vigueses gañaron por 7-0. O primeiro gol que se marcou no estadio vigués, foi logrado polo extremo esquerdo canario Graciliano, rematando de cabeza un centro pasado do extremo dereita Luciano Reigosa.

A arbitraxe deste partido correu a cargo do ex-seleccionador nacional e brillante cronista deportivo de Faro de Vigo, Manolo de Castro Hándicap, a quen auxiliaron nas bandas os colexiados vigueses Fariña e Paredes. O saque de honra foi realizado pola señorita Espino, filla do alcalde da cidade, Don Adolfo Gregorio Espino.

Balaídos dende a súa inauguración pasou por varias reformas. Nos anos 30 levouse acabo a primeira reforma, engadindo na bancada de Trinuna unha cuberta; logo nos anos 40 seguirian as seguintes obras de mellora do Estadio.

Despois de un Celta - Oviedo xogado o 4 de Outubro de 1942, un grupo de siareiros remitía unha carta á xunta directiva e á sociedade propietaria do estadio queixándose das moitas deficiencias que presentaba a bancada de Río, instando as autoridades para que iniciasen as obras de mellora; uns traballos que finalmente levarían a cabo cunha achega de 10.000 pesetas dos socios do Celta, en concepto de axuda para os gastos.

A seguinte reforma levouse a cabo en xullo de 1945, o alcalde de Vigo, Luís Suárez Llanos Penacho, anuncia a adquisición, por parte do Celta, do Estadio de Balaídos. Despois de arduas negociacións, a sociedade Stadium vendía Balaídos; unha operación que non se podería levar a cabo se non fóra polo crédito que a Caixa de Aforros Municipal de Vigo concedeu ao Real Club Celta.

Os termos do acordo establecían que o club adquiría o estadio, así como varios terreos circundantes, cun total de 30.600 metros cadrados. A sociedade vendedora estableceu que o valor do inmoble era de 856.000 pesetas, un diñeiro prestado que o concello se comprometeu a abonar á caixa en anualidades de 70.000 pesetas que se liquidarían nun máximo de 20 anos.

Segundo o acordo, o Celta cedía o estadio ao concello e conservaba o usufructo durante esas dúas décadas. Tamén se establecía que as obras de ampliación e mellora correrían a cargo da entidade municipal. Uns días despois de que se coñecese a noticia, os arquitectos Molins e Prieto, comezaban a deseñar un proxecto para a construción dunha bancada cuberta e unha marquesiña en Río, e unha bancada de cemento en Marcador. O estadio pasaría ás arcas municipais e de aí o seu nome actual.

Reforma electrica en 1969. A tempada do ascenso foi tamén a tempada da luz. E é que a primeiros de outubro, o entón alcalde de Vigo, Rafael J. Portanet, decidiu que Balaídos debía contar cunhas instalacións eléctricas en condicións para que puidesen disputarse partidos en horario nocturno. Esas instalacións custeáronse co diñeiro que o Celta percibía en concepto de publicidade e explotación dos bares, un capital que era reembolsado ao concello coa condición de que o investise en melloras para Balaídos.

O 9 de abril de 1969 inaugurouse esa dotación eléctrica, e con ese motivo celebrouse un amigable co Anderlecht belga. O resultado foi de empate 1-1. E o primeiro partido oficial que se disputou no estadio vigués baixo os novos focos foi o Celta-Onteniente, no que os locais se impuxeron por 2-0, con goles de Suco e Pocholo.

O retorno á máxima categoría do fútbol español, despois dunha longa década de sufrimento, foi celebrado ao grande. Pola súa banda, a corporación municipal tamén se uniu ás celebracións e en pleno, recibiu ao equipo no concello, e no transcurso deste acto, o alcalde Portanet anunciou a inminente remodelación do estadio de Balaídos. Celebráronse varios partidos amigables, e a afección envorcouse de cheo nas celebracións, á fin e ao cabo, volveran a Primeira División despois de dez longos, longos anos.

Na tempada 1970/71, o club tivo que convocar unha asemblea de socios para que aprobasen a petición dun crédito de 15 millóns de pesetas á Caixa de Aforros a fin de poder afrontar o remate das obras de ampliación do Estadio de Balaídos.

Eses traballos concluirían, no súa maior parte, nos meses posteriores, e o 27 de marzo de 1971 o entón alcalde de Vigo, D.Antonio Ramilo, inauguraría as novas instalacións.

Creáronse bancadas cubertas en Gol e Marcador. Se construíu a grada de Xeneral (Fondo), na parte inferior de Marcador e se remodelou por completo a grada de Tribuna, da que se lle aproveitaría a cuberta que tiña, para instalala no campo municipal de Barreiro. Creouse unha nova grada chamada Preferencia, na parte inferior de Tribuna, na mesma altura que Xeneral. Tamén se fixeron melloras no resto das instalacións.

A última gran reforma, produciuse o 5 de decembro de 1980, a bancada de Río era voada, para substituíla por outra con maior capacidade e mais moderna, de cara o Mundial de 1982, na que Vigo sería sede.

Balaídos albergaría 38.000 espectadores, pasándose aos 32.000 actuais (década dos 90) pola obrigación de ter todas as bancadas asentos, e a anulación das zonas de pé.

Ata as nosas datas de hoxe en día (2011), o estadio foi en declive, aparecendo gretas, caída de cascotes e deixamento nas súas instalacións, as cales piden reforma ou construción dun novo estadio ¡XA!.

Balaidos pasa por ser un dos estadios máis vellos de toda a liga española. Nos últimos anos intentouse que se chegase a un acordo entre o Concello da cidade e a directiva do Club para a súa reforma, pero sempre remataron en saco roto. Pasándose a bóla duns os outros.

Balaidos nos seus 84 anos de historia, viviu no seu recinto, momentos futbolísticos gloriosos e outros non tan gratos. Dende partidos internacionais, a encontros en Terceira División.

Por este céspede dobraron os xeonllos equipos da talla do Real Madrid, F.C.Barcelona, Athletic de Bilbao, Valencia, Liverpool, Milán, Juventus de Turín, Celtic de Glasgow, Benfica e Ajax de Ámsterdam, ademais dos derbis co máximo rival galego, R.C.D. de La Coruña, e outros equipos do noso pais, coma Pontevedra, Racing de Ferrol ou S.D.Compostela entre outros.

Seleccións nacionais como Galiza, Brasil, España, Italia, Camerún e Portugal entre outras, encheron de colorido as nosas bancadas e de momentos inesquecibles.

Vigo e sobre todo os celtistas, puidemos gozar de noites máxicas, de históricas remontadas e homenaxes a grandes xogadores, ascensos e descensos, clasificacións europeas, e pases para as finais de copa ao longo destes 80 anos, Balaidos foi e será sempre a Catedral do fútbol Galego.

Map of Estadio Municipal de Balaídos