Escuela Infantil Integral Dalila

-NA-,
Escuela Infantil Integral Dalila Escuela Infantil Integral Dalila is one of the popular Day Care located in ,-NA- listed under School in -NA- , Day Care in -NA- ,

Contact Details & Working Hours

More about Escuela Infantil Integral Dalila

A pesar do seu espírito xove, Escola Infantil Dalila ten unha longa traxectoria.

Alá polo 1976, unha moza chamada Dalila, embarcouse na aventura de crear unha pequena escola infantil, polas pregas dos veciños que necesitaban un centro de confianza onde poder escolarizar ós seus pequenos. Pronto gañou o respecto da comunidade, cun compromiso de profesionalidade e altos estándares educativos, e atendeu a nenos e nenas en idade preescolar durante máis de dúas décadas seguindo un modelo de escola netamente privada.

No ano 2000, E.I.Dalila constitúese en Asociación Educativa e céntrase no primeiro tramo de infantil (0-3 anos), para poder acceder ás subvencións da Consellería de Familia e facer desta maneira o seu proxecto accesible a todo tipo de poboación. E pouco despois, no 2001, incorpórase un novo centro en Moaña (R/ Fragata) e inclúese o inglés a partir de 2 anos, có obxectivo de irse adaptando ás necesidades educativas do novo milenio.

En 2006 o proxecto crece de xeito exponencial. En cantidade, xa que se incorporan dous novos centros, un en Moaña (R/Miguel Enríquez) e un centro de nova creación en Marín (Ponteporto 1). En persoal, xa que este pasa a ser máis do dobre, e sobre todo, en recursos pedagóxicos. O volume de alumnado alcanzado permite formar un equipo psicopedagóxico compartido polas Escolas Infantís Dalila e incorporar ó equipo unha psicóloga. O nome evoluciona a “Escolas Infantís Integrais Dalila”, e coa escola Ponteporto 1, “O laboratorio” como nós a chamamos, introdúcense innovacións educativas moi interesantes coma as aulas temáticas, o proxecto peque-ecoloxista, a educación viaria, a incorporación do inglés desde 1 ano e coma non, a educación integral sustentada en valores.

É no ano 2008 cando abre a primeira Escola Infantil Integral Dalila privada en Marín (Ponteporto 2), a causa da crecente demanda de prazas na zona e a imposibilidade de xestionar novos centros subvencionados pola Xunta. O seu funcionamento e proxecto educativo é idéntico ó resto de escolas e complementa as aulas temáticas de Ponteporto 1 coas novas tecnoloxías. A súa principal característica diferenciable é que as familias asumen a totalidade do custo económico do servizo que reciben.

No 2013 incorpórase outro novo centro privado en Cangas (C/Lisboa) e no 2014 trasládase o centro da rúa Miguel Enríquez de Moaña ás súas instalacións actuais na rúa A Xunqueira, mellor adecuadas ó proxecto educativo de E.I.I.Dalila.

Finalmente, no curso 2015-2016 xestiónanse unhas cantas prazas concertadas nos centros privados, que permitan facelos alcanzables a todo o mundo que estea interesado.

Cos seus 40 anos de historia, E.I.I. Dalila encóntrase nun momento de madurez ilusionada, con seis centros educativos que contan con instalacións de alta calidade, ben deseñados para ser útiles, cun equipo humano de máis de 30 profesionais da educación formados, con experiencia e motivados para a excelencia, e o que é máis importante, con case 300 familias que cada curso depositan a súa confianza en nós para acompañar ós seus fillos nesa etapa tan marabillosa que é a primeira infancia.

Map of Escuela Infantil Integral Dalila