En Xaneiro do ano 2000 o Concello de Muros puxo en funcionamento unha Escola de Música, de ámbito municipal e atendendo ás finalidades, obxectivos, ensinanzas e condicións establecidas na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 11 de Marzo de 1.993, pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. Dende aquela ven funcionando de xeito ininterrompido, aínda que mellorando as súas instalacións e ampliando o número de especialidades que se ofertan. Por orde do 9 de abril do ano 2007 obtén autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ser incluída no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.