Encaixamos Val Miñor

Benito Fariñas, 8 Sabaris, Bayona, 36393 ,Spain
Encaixamos Val Miñor Encaixamos Val Miñor is one of the popular Nonprofit Organization located in Benito Fariñas, 8 Sabaris ,Bayona listed under Non-profit organization in Bayona , Disabled Persons Service in Bayona ,

Contact Details & Working Hours

More about Encaixamos Val Miñor

ENCAIXAMOS, defínese como unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental, de carácter voluntario.
ENCAIXAMOS, ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
ENCAIXAMOS, ten como visión unha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso e liderado nas metodoloxías de traballo e na procura da excelencia nas actuacións dirixidas o grupo social de persoas con discapacidade.
ENCAIXAMOS basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:

o Democracia interna.
o Solidariedade entre os seus membros.
o O impulso da participación dos seus membros e tódalas súas actuacións
o A transparencia e publicidade na xestión e actuación dos seus socios/as.
o Defensa das necesidades xerais por enriba de intereses particulares
o A defensa do grupo social como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas, paternalistas ou asistenciais.

Os fins principias de “ENCAIXAMOS” son:

1. Acadar unha sociedade onde o grupo social das persoas con discapacidade poidan gozar dos seus dereitos en condicións de igualdade real, co máis absoluto respecto a súa dignidade e diversidade.
2. Defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda persoa con discapacidade.
3. A defensa dos dereitos e liberdades das persoas con discapacidade severa ou de gran dependencia, así como a promoción da súa integración e participación activa na sociedade.
4. Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade.
5. Crear as condicións para que os seus socios/as poidan cumprir axeitadamente a misión.
6. Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade.
7. Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.
8. Orientar, coordinar e impulsar o movemento asociativo con criterios de solidariedade.
9. Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da discapacidade.
10. Representar ós seus membros no ámbito provincial, autonómico, estatal e internacional.
11. Desenvolver estratexias solidarias para que se poidan acadar equilibrios interterritoriais en calidade e servizos.
12. Promoción e desenvolvemento persoal e social da muller con discapacidade, loitando pola súa igualdade de oportunidades na esfera social
13. Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á atención da infancia e a xuventude
14. Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á atención das persoas maiores.
15. Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente a calquera outro colectivo en risco de exclusión social.
16. Desenvolver programas e actividades relacionados co fomento e participación do voluntariado social
17. Promover e pór en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas para persoas con discapacidade, priorizando aquelas que impulsen o deporte de base.
18. Promover e pór en funcionamento todo tipo de iniciativas culturais, educativos e de lecer orientadas ás persoas con discapacidade.
19. Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuír ó cumprimento da misión da “ENCAIXAMOS” ou redundar no beneficio das persoas con discapacidade.
“ENCAIXAMOS” constitúese como unha entidade aberta da que poden formar parte, tódalas persoas que o soliciten sempre que compartan os principios e fins de “ENCAIXAMOS” na defensa da plena integración das persoas con discapacidade.

Map of Encaixamos Val Miñor