CULTUREUME

Avda. de Galicia, 79 - 2º, Puentes de García Rodríguez, 15320 ,Spain
CULTUREUME CULTUREUME is one of the popular Local Service located in Avda. de Galicia, 79 - 2º ,Puentes de García Rodríguez listed under Professional services in Puentes de García Rodríguez ,

Contact Details & Working Hours

More about CULTUREUME

O proxecto empresarial CULTUREUME xurde nun esceario de rendibilización socioeconómica do patrimonio cultural, no que cada vez máis os cidadáns demandan das administracións públicas unha mellora na conservación e posta en valor do patrimonio cultural e natural, e no que o sector turístico busca alternativas ao lecer tradicional e estacional de sol e praia, que aproveiten os recursos patrimoniais do territorio e os fagan accesibles e comprensibles aos visitantes.

Baseada no afán de contribuir ao desenvolvemento cultural da sociedade, á promoción do coñecemento e á valoración e conservación do patrimonio cultural e natural en tódalas súas manifestacións. Esta liña principal de acción vese complementada por unha serie de estratexias que pretenden conquerir o obxectivo principal plantexado:

a) Achegar a cultura a tódolos cidadáns e facela accesible aos mesmos atendendo sempre ás súas limitacións ou barreiras, sexan éstas físicas, intelectuais ou tecnolóxicas.

b) Servir como canle de intermediación entre as administracións públicas e os cidadáns, co obxectivo de facer entendible o patrimonio cultural e natural en tódalas súas manifestacións.

c) Achegar o coñecemento do patrimonio cultural e natural ás novas xeracións a través da educación e a formación, así como a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

d) Contribuír de forma activa á mellora social, económica e ambiental da nosa contorna.

e) Desenvolver a actividade da empresa sen perder de vista as transformacións da sociedade nos hábitos culturais, botando man de novas ferramentas na xestión cultural e atendendo ao papel fundamental das intervencións comunitarias no territorio de referencia.

É por isto que se plantexa un modelo de xestión integral do patrimonio cultural, no desenvolvemento de proxectos e accións relacionadas coa protección, a posta en valor e a difusión do patrimonio cultural e natural.

Map of CULTUREUME