Culturactiva Scg

Rúa Triacastela, 3, Santiago de Compostela, 15703 ,Spain
Culturactiva Scg Culturactiva Scg is one of the popular Performance & Event Venue located in Rúa Triacastela, 3 ,Santiago de Compostela listed under Arts/entertainment/nightlife in Santiago de Compostela , Arts & Entertainment in Santiago de Compostela ,

Contact Details & Working Hours

More about Culturactiva Scg

Culturactiva SCG é moito máis que unha empresa de xestión cultural.

O proxecto viu a luz no ano 2000, sendo na actualidade a distribuidora líder en Galicia de teatro cómico e de rúa.

Máis de 350 actuacións vendidas no pasado ano 2011, tanto en Galicia como no resto do estado, así como a realización de programacións únicas como o Festival Internacional de Clown de Galicia en Vigo (www.festiclown.org), o Festival das Artes pola Biodiversidade, Terractiva, en Arzúa (wwww.terractiva.org) ou a Trobada de Maxia e Clown de Ibiza, Magiclown (www.magiclown.org) son parte do noso traballo neste ano.

A risa como motor vital
Iván Prado (Lugo, 1974), xunto con varias persoas do eido da cultura e do teatro é o iniciador desta andaina. Actor e director do Festiclown, entre outros festivais, formouse cos mellores mestres: Carlo Colombaioni, Leo Bassi, Philippe Gaulier, Jango Edwards... El, e Fran Rei, e Isabel Martínez-Risco e Pedro Brandariz, entre outros, compoñen na actualidade a compañía Os Sete Magníficos máis Un.

Esta é a primeira compañía estable de clown en Galicia, coa que tamén votaría a anda oficina de venda teatral á hora de confeccionar programacións culturais para concellos, entidades privadas, asociacións veciñais, institucións públicas, festivais de teatro... ao tempo que desde os seus inicios se convertiu en lanzadeira de ideas, proxectos, programacións e festivais co humor e a risa como nexo de unión.

Así, o Festiclown, Festival Internacional de Clown de Galicia, o Magiclown, festival de maxia e clown en Sant Josep de sa Talaia, (Eivissa) ou a meirande feira ecolóxica de Galicia, o Terractiva (Arzúa) son só algunhas das programacións que puxemos en marcha dende este proxecto cultural galego e que contan cun claro compromiso transformador e vertebrador da sociedade, ao tempo que tratamos de contar coas principais cara visibles do mundo do clown, o humor, o teatro de rúa, o circo....a nivel internacional, sen deixar de lado a formación cos millores mestres e mestras do mundo.

Apartado social
A solvencia de Culturactiva SCG está avalada polo éxito das súas propostas. Máis de medio millón de persoas pasaron polas actuacións do Festiclown nos seus doce anos de historia e o seu paso por diferentes cidades do país.

O carácter lúdico e riseiro das actividades promovidas por esta empresa toca tamén de cerca a sociedade. Entendida a risa como linguaxe universal entre os pobos, diversos proxectos, canalizados a través de Pallasos en Rebeldía, están agora en marcha para con eles achegar solidariedade a través do humor e o teatro. O Festiclown Palestina ou as caravanas solidarias a Chiapas (México) son algúns dos máis importantes cos que colabora Culturactiva SCG.

Medrando
Malia a cumprir once anos de vida, en Culturactiva SCG non nos acomodamos, senón que expandimos o noso volume de traballo cada ano. A nosa presencia en infinidade de programacións culturais, a distribución en exclusiva de artistas como Leo Bassi en Galicia, ser os representantes do grupo catalán La Troba Kung Fu no noso país, traer espectáculos coma os de Yllana ou Pez en Raya xunto co grande abano de artistas galegos de calidade que move son os puntos fortes que permiten medrar e millorar cada ano.

Gracias a todas e a todos por rir con nós!

Map of Culturactiva Scg