Cucurujú Aloxamento

Pindo Norte 123, Carnota, 15296 ,Spain
Cucurujú Aloxamento Cucurujú Aloxamento is one of the popular Hotel located in Pindo Norte 123 ,Carnota listed under Hotel in Carnota ,

Contact Details & Working Hours

More about Cucurujú Aloxamento

Antiga casa de pescadores, de máis de cen anos, rehabilitada no 2016.

Consta de 3 dormitorios dobres e independentes, 3 baños completos, salón, cociña, terraza e xardín con barbacoa.

Está no Monte Pindo, entre a Cascada do Ézaro e a praia de Carnota, na Costa da Morte, preto de Fisterra, Muros, Corcubión, Cee ou Muxía. A pouco máis dunha hora en coche de Santiago ou A Coruña.

O Cucurujú está construído coa pedra do monte Pindo. Está ubicada entre as rochas e as furnas máis próximas ao Pindo, nas primeiras nas que se agochaban os "fuxidos" da Guerra Civi, que escapaban da Garda Civil que acodía a reclutalos.

Está a cen metros do mar, xunto ao porto mariñeiro do Pindo.

Desde o sofá pódense ver os pequenos pesqueiros, que faenan ao redor do Cabo de fisterra e tamén os barcos máis grandes, cargueiros, que van ao porto de Brens, na ría de Corcubión.

O Cucurujú foi bautizado así polos veciños hai máis de cen anos porque a ubicación elevada da vivenda, no alto do Pindo, semella a dun pombal. "cucujurú" lembra o son constante e repetitivo que emiten as pombas.

A casa ten grandes cristaleiras, que a enchen de luz, sol e luminosidade durante todo o día.

A casa foi restaurada con materiais modernos e de gran calidade. Está equipada con todos os servizos. Ten calefacción por aerotermia, lavapratos, microondas, secador de pelo, lavadora...

Ubicación moi tranquila xa que non pasan coches por diante. O acceso é a pé, a través dun camiño que discorre entre casas típicas da zona e unhas escaleiras rústicas. A subida ten a súa recompensa porque as vistas desde o cucurujú son únicas. Pola parte de diante temos o mar e, pola parte traseira, o monte e as rochas do Pindo, cada unha cunha forma diferente e característica. Acceso directo desde a casa ao camiño do Monte Pindo.

O Cucurujú pode ser un dos mellores lugares para unha estancia relaxada, pausada, íntima e con certo ton contemplativo, sen deixar de lado a súa ubicación, no corazón da Costa da Morte, onde a gastronomía e as praias son, para moitos, das mellores do mundo.

Map of Cucurujú Aloxamento