Concello de Oroso

Praza Isaac Díaz Pardo, nº1, Oroso, 15888 ,Spain
Concello de Oroso Concello de Oroso is one of the popular Government Organization located in Praza Isaac Díaz Pardo, nº1 ,Oroso listed under Government organization in Oroso ,

Contact Details & Working Hours

More about Concello de Oroso

O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela.
O municipio de Oroso esténdese sobre unha superficie de 72,23 km2, ofercendo unha paisaxe rural sen apenas contrastes xeográficos. O monte Costa, de 329 metros, na parroquia de Trasmonte, e o Petón (375 metros), na de Senra, ambos o norte do municipio e no límite co de Ordes, son as máximas cotas que alcanza o relieve de Oroso. A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo ata as beiras do Tambre, que lle serve de límite polo sur. Na esquina suroeste, pouco despois de pasar baixo a ponte de Sigüeiro, o Lengüelle únese o Tambre. Os demais rios, como o Carboeiro, o Samo, o Cabrón ou o Maruzo, baixan en dirección norte-sur, formando variados e armoniosos vales.

O Municipio de Oroso engloba un total de 11 parroquias: Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte, e Vilarromarís.

Map of Concello de Oroso