Concello De Nigrán

Praza da Constitución 1, Nigrán, 36350 ,Spain
Concello De Nigrán Concello De Nigrán is one of the popular City Hall located in Praza da Constitución 1 ,Nigrán listed under Government organization in Nigrán , City Hall in Nigrán ,

Contact Details & Working Hours

More about Concello De Nigrán

O Concello de Nigrán forma parte do Val Miñor. Situado ao sur da provincia de Pontevedra, dista 98 Km de Santiago de Compostela pola autoestrada, 20 sepárannos da fronteira portuguesa e 12 de Vigo, a urbe máis importante de Galicia. O seu enclave xeográfico e as excelentes comunicacións permiten o acceso por terra, mar e aire.

Núcleos de poboación coma Parada, Camos, Chandebrito ou Priegue gardan auténticos tesouros que os seus veciños están dispostos a compartir con todos aqueles que o desexen. Para coñecer estes lugares marcamos un inicio simplemente de referencia xa que calquera pode visitalos, a pé ou en coche atopando ao seu paso numerosos atractivos.

Disfrutar de todas estas posibilidades débese ao enclave privilexiado de Nigrán, xa que se atopa situado no colo das altas serras que a protexen das baixas temperaturas en inverno e das excesivamente altas no verán. Antes de chegar ás nosas costas, o Océano Atlántico xa ten perdido parte da súa braveza no seu encontro coas Illas Cíes e as Estelas, isto fai que se presente manso para procurar pracenteiros baños e coa enerxía xusta para permitir a práctica de deportes náuticos.

Map of Concello De Nigrán