Circo de Nadal

Rocamar, 17, Oya, 36309 ,Spain
Circo de Nadal Circo de Nadal is one of the popular Circus located in Rocamar, 17 ,Oya listed under Company in Oya , Circus in Oya ,

Contact Details & Working Hours

More about Circo de Nadal

O Circo de Nadal de La Fiesta Escénica dálle un xiro aos espectáculos navideños, cunha proposta sorprendente e chea de enerxía, que destila surrealismo, harmonía e unha morea de momentos máxicos para volver a velo todo coa mirada dos nenos. Unha aposta pola imaxe, o tratamento visual e a sutileza poética.

A súa excepcionalidade baséase nunha escenografía especialmente deseñada para a ocasión, un vestiario elaborado con minuciosidade, unha luminotecnia coidada que bota man das novas tecnoloxías e un dominio profundo das disciplinas circenses máis variadas. Nunca antes un Circo de Nadal se detivo tanto nos detalles para convencer a grandes e pequenos.

Sen dúbida os osos polares animatrónicos son unha das súas atraccións máis impactantes. O empeño por crear animais artificiais para as pistas de circo, cunha aparencia e fluidez nos movementos de gran realismo, é unha experiencia innovadora que acadou xa recoñecemento internacional.

Ademais, os números máis sorprendentes grazas á participación de artistas de renome internacional chegados de Canadá, Mongolia, Brasil, Rusia, Alemaña e Italia, xunto ás máis destacadas figuras da escena circense galega. Máis de sesenta persoas entre artistas, adestradores e técnicos, co obxectivo de darlle vida e autenticidade á ilusión do Nadal.

Map of Circo de Nadal