O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) é un espazo dedicado á mellor comprensión da nosa cidade, do seu medio natural e da necesidade da súa preservación cara ás novas xeracións. Unha cidade diversa, composta por múltiples elementos que dependen uns dos outros. Un espazo humano complexo, no que se produce e consome enerxía, auga e materias primas, onde viven e conviven unha gran diversidade de ideas, opinións, culturas e xentes, que teñen a necesidade de se relacionaren entre si e co medio que os rodea.
O CIAC levaravos pola complexidade da cidade de Compostela. Polos fluxos de entrada de enerxía, auga e subministracións básicas. Polos procesos de transformación e uso, e os residuos xerados neles. Polas comunicacións que fan posible o seu funcionamento integrado. Polos diferentes espazos e ecosistemas, así como pola intervención das autoridades locais para faceren de Santiago unha cidade integrada no seu contorno, sustentable e comprometida coa conservación da biodiversidade.
Horario de inverno (1 de outubro - 14 de xuño):
sábados, domingos e festivos
10:30 - 13:30
16:00 - 18:00
Horario de verán (15 de xuño - 30 de setembro)
de martes a venres
17:00 - 19:00
sábados, domingos e festivos
11:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Visitas concertadas
Fóra destes horarios podense concertar visitas para grupos de máis de 10 persoas.
Podes chamarnos ao teléfono 981 543 145 ou enviarnos un email.