CD Lalín

Lalín,
CD Lalín CD Lalín is one of the popular Sports Team located in ,Lalín listed under Sports Team in Lalín ,

Contact Details & Working Hours

More about CD Lalín

O Club Deportivo Lalín é un club de fútbol galego da cidade de Lalín. Fundado en 1974, na actualidade milita no Grupo 2 da Primeira Autonómica de Galicia.

Foi fundado en novembro de 1974, logo de case dez anos sen fútbol federado na vila e despois da desaparición do Campo da Leiteiría. O primeiro presidente foi Ángel Nistal Peña. Rematadas as obras do estadio Municipal, en 1976 o equipo participou por vez primeira en competicións oficiais na liga da montaña (2ª categoría Rexional), con Modesto Cao na presidencia. Xa na tempada 1978-79 pasou a presidir o equipo Manuel Anxo Cortizo Blanco, e planificouse o ascenso a Primeira Rexional, que se acadou tras lograr o campionato con cinco puntos de vantaxe co seu inmediato seguidor.

Debutou na Terceira División en 1981, e na tempada 1984-85 ascendeu o primeiro dos catro ascensos logrados a Segunda División B. No ano 2013 acadou a Copa Deputación de Pontevedra.

Map of CD Lalín