Banda de Música Municipal da Estrada

Avd Benito Vigo Nº94, La Estrada, 36680
Banda de Música Municipal da Estrada Banda de Música Municipal da Estrada is one of the popular Band located in Avd Benito Vigo Nº94 ,La Estrada listed under Band in La Estrada ,

Contact Details & Working Hours

More about Banda de Música Municipal da Estrada

Nosa historia remóntase a o ano 1869. Dende aquel entón a banda actuou e segue actuando nas numerosas festas patronais do concello e tamén leva o nome do pobo fóra de él.
Podemos dicir que o noso concello pode presumir dunha das agrupacións con máis historia de Galicia. Levamos case un século e medio enchendo de música a nosa vila, ben sexa en festas, concertos ou actos protocolarios.
Durante todos estes anos a Banda foi testigo de xeracións e xeracións de músicos, pero a esencia da Banda segue a ser a mesma: facer chegar a música a todas a persoas que nos sexa posible.
Cabe destacar neste pedazo de historia da Banda e por tanto de historia do pobo, que a Banda Municipal da Estrada foi a primeira Banda de Música de Galicia en cruzar o océano Atlántico na década dos oitenta do pasado século. Os destinos foron Venezuela e Arxentina.
HISTORIA: Poderíamos dicir que o xerme da Banda Municipla da Estrada foi alá polo ano 1840, cando un grupo de músicos da zona se xuntaron para facer música. Pero non foi ata unhas décadas despois, no ano 1869 cando a Banda se constituiu como unha institución Municipal baixo a batuta do mestre Vicente Novoa. Aló polo 1941 esta agrupación experimenta un gran avance gracias ao apoio incondicional da corporación Municipal da Estrada.
Foron moitos os directores que levaron a Banda por un bó camiño musical: Luís Valdés Mota, Bernardo del Río, Juan Moldes Touza, Rogelio Groba, Enrique González Arroita Jáuregui y Eulogio López Masid.
Estes Mestres foron os encargados de facer da Banda algo moi especial e querido polo pobo.
Na actualidade, é o mestre Javier Comesaña Pereira o encargado de levar a dirección da Banda. Foi músico da Banda Unión Musical de Valladares e fundador anos máis tarde da Banda Escola de Beade.
Dende a chegada de Javier Comesaña á Estrada, acometeuse un longo proceso de renovación do plantel da Banda, xa que a agrupación contaba con unha media de idade moi elevada. Actualmente a media de idade ronda os 20 anos. Isto supón que a Banda actúa como unha labor de socialización moi importante, ao mesmo tempo que actúa como lugar de formación de músicos, tanto profesionáis como amateurs.
Nos últimos anos caben destacar as numerosas actuacións da Banda polo territorio Galego e Portugués, así como a última viaxe realizada a Arxentina. Tamén hai que destacar os diversos concertos realizados no pobo tanto a Banda sola ou co acompañamento das corales Polifónica de A Estrada e Polifónica de Soutomaior.
Tamén vimos realizando nos últimos anos diversas colaboracións con grupos moi diversos.
Non hai que esquecerse das diversas grabacións que fixemos durante este periodo xa histórico para a nosa Banda e para o noso pobo.

Map of Banda de Música Municipal da Estrada