O seu obxectivo é a consecución gratuíta de alimentos de tódalas clases, para realizar a doazón e distribución destes entre entidades benéficas legalmente recoñecidas, dedicadas á asistencia e coidado directo de persoas necesitadas (diminuídos psíquicos e físicos, anciáns e nenos desvalidos, familias marxinadas, drogadictos en recuperación, enfermos de SIDA...).
Conta con voluntarios que, de forma habitual e altruísta, prestan os seus coñecementos de xestión, capacidades técnicas e manuais. Así mesmo, existen tamén colaboradores que interveñen en accións puntuais.