Aversion Fest

Burela, 27880 ,Spain
Aversion Fest Aversion Fest is one of the popular Performance & Event Venue located in ,Burela listed under Concert Venue in Burela ,

Contact Details & Working Hours

More about Aversion Fest

O Aversion Fest é un festival sen ánimo de lucro de música alternativa, entendendo por esta aquela que non ten un fin comercial. Celébrase en Burela (Lugo) dende o ano 2011 e foi fundado co obxectivo fundamental de promocionar a música desde a súa base.

O Aversion Fest nace coma un festival de un día orientado ao metal, hardcore e xéneros afíns; mais dende a segunda edición preséntase coma un evento de dous días e inclúe o rock, punk e derivados como parte da oferta musical.

En Outubro do ano 2012 elabórase a "Declaración de Principios do Aversion Fest" coa pretensión de preservar a esencia coa que se fundou o festival e dotándoo dunha personalidade propia e diferenciada, alén de para marcar o obxectivo a longo prazo máis ambicioso posible: “estabelecer o Aversion Fest como un punto de encontro e referencia no ámbito internacional”. A decisión de traballar en prol da internacionalización do festival induciu a introdución progresiva de formacións doutras comunidades autónomas e doutras nacionalidades.

Coa Declaración de Principios por bandeira o Aversion Fest evolucionou ata o que é na actualidade: unha plataforma para promocionar diversas correntes culturais do underground coa música como fío condutor. Dentro dun ambiente cordial e festivo desenvólvese un programa para promover o uso do galego, a cultura DIY (Do It Yourself), os principios da Cultura Libre e, en xeral, dun pensar orientado ao traballar en prol da diversidade e o ben común.

[GL]
Declaración de principios
https://docs.google.com/document/d/1I8r-RKrRdck0GDfaDdcobB8sHEuSH2DKYXUNQj5yRio/edit

[PT]
Declaração de princípios
https://docs.google.com/document/d/1zxTqOQ5irQvX_RA82JhusX5eMxiAkDWnXYUzxKMeZmE/edit#heading=h.bl03y0p67f3

[CA]
Declaració de princips
https://docs.google.com/document/d/1yrPRweiHD0f2pA-2hXkbljEbpyqVjKvchYb78jVvDWU/edit

[ES]
Declaración de principios
https://docs.google.com/document/d/1V397LMcEu0DfNfxkIpFcAkwTNNmEhAlIbWacg7xGOJY/edit

[EN]
Declaration of principles
https://docs.google.com/document/d/1e_4JdFwzaXy4uZbQAw4imP6zO5rsDe8yPUg500-NUs8/edit#heading=h.bl03y0p67f3

Map of Aversion Fest