Astilleros Triñanes Domínguez

chazo 33, Boiro, 15938 ,Spain
Astilleros Triñanes Domínguez Astilleros Triñanes Domínguez is one of the popular Locality located in chazo 33 ,Boiro listed under Company in Boiro ,

Contact Details & Working Hours

More about Astilleros Triñanes Domínguez

ASTELEIROS TRIÑANES DOMINGUEZ, S.L.
Atopámonos situados no lugar de Ladeira – Chazo, no concello de Boiro e iniciamos a nosa actividade no ano 1978. Desde os nosos inicios en Agañán (Boiro), dedicámonos á construción de distintos tipos de embarcacións (pesqueiros, auxiliares de acuicultura, chalanas, dornas, embarcacións de recreo, etc.), das que se levan construídas máis de 150 unidades, a maioría delas de máis de 10 T.R.B.
O noso traballo está baseado na aplicación de novas técnicas de construción naval en madeira e na utilización das últimas tecnoloxías, preocupados por ofertar ós armadores un tipo de barco moderno que responda con eficacia ós retos de mellora continua da calidade utilizando a madeira laminada nas nosas construcións e os epoxis como eficaces adhesivos e conservantes, o cal responde eficazmente ás esixencias de modernización propostas polas distintas directivas europeas en materia de seguridade e optimización das flotas pesqueiras e de acuicultura.
Cabe recordar que o emprego das novas tecnoloxías na madeira non supón o abandono do carácter artesán da profesión, senón que lle suma as vantaxes do chamado consumo responsable: Emprego de materia prima natural e autóctona. Baixo custe enerxético para producir. Escaso risco ambiental. Todo isto responde a unha filosofía na procura polo respecto e coidado do mar que os armadores destas embarcacións coñecen ben.

Map of Astilleros Triñanes Domínguez