Asociacion Valentes - Club deportivo Lobos

Travesia de Montouto 22 baixo, Teo, 15894 ,Spain
Asociacion Valentes - Club deportivo Lobos Asociacion Valentes - Club deportivo Lobos is one of the popular Nonprofit Organization located in Travesia de Montouto 22 baixo ,Teo listed under Educational Organization in Teo , Non-profit organization in Teo , Sports Club in Teo ,

Contact Details & Working Hours

More about Asociacion Valentes - Club deportivo Lobos

O noso é un proxecto multideporte para nenas e nenos dende os 6 ata os 18 anos, dirixido
polas súas nais e os seus pais.

Este proxecto está destinado á práctica e ao ensino do rugby e do football americano, polo que aparte de "multideporte", tamén e único na nosa comunidade.

A principal misión de Valentes é educar en valores a través do deporte, facendo especial fincapé na solidariedade, o respecto, o compañeirismo, a disciplina, o xogo limpo, a responsabilidade, o compromiso, o sacrificio e o esforzo - calidades imprescindibles para a vida que tamén son inherentes á práctica destes dous deportes.

Xunto aos lóxicos adestramentos de rugby e football americano, as nosas metas deportivas inclúen a organización dos nosos propios eventos deportivos e a participación noutros eventos. A nosa outra gran meta deportiva é a participación en competicións federadas de ambos deportes.

A nivel social, unha das nosas
grandes metas é a de velar polo desenvolvemento do deporte como un mecanismo de inclusión social
no que calquera nena ou neno de calquera idade e situación socioeconómica teña un lugar.

Diego Pagnotta,
Presidente da Asociación Valentes

Map of Asociacion Valentes - Club deportivo Lobos