Asalto ao Castelo de Vimianzo

Vimianzo, 15129 ,Spain
Asalto ao Castelo de Vimianzo Asalto ao Castelo de Vimianzo is one of the popular Nonprofit Organization located in ,Vimianzo listed under Non-profit organization in Vimianzo ,

Contact Details & Working Hours

More about Asalto ao Castelo de Vimianzo

O Asalto recrea as Revoltas Irmandiñas que tiveron lugar en toda Galicia e, particularmente, no Castelo de Vimianzo no século XV, momento no que o pobo se ergueu contra o poder abusivo dos señores feudais. Trasladando estas revoltas ao presente, o Asalto ofrece un amplo abano de personaxes e situacións que dalgunha maneira simbolizan as inxustizas do mundo moderno e amosan os problemas do mundo actual.

A representación adoita realizarse en clave de humor e conta sempre coa participación activa do público. Os asistentes convértense en asaltantes e comparten escena coa persoa guerreira, meiga, defensores e todos aqueles personaxes que se vaian creando para cada edición en historias diferentes. Estes personaxes guían aos participantes nun percurso físico cara ao castelo, onde se realiza a toma simbólica do mesmo.

O espectador pasa a sentirse un irmandiño máis, levándoo a vivir unha aventura fascinante: deixarase hipnotizar pola meiga, usará fachos para alumear o camiño, levará un ariete para romper a porta da fortaleza, loitará contra os defensores con globos de auga como única arma e deixarase encantar por cada un dos feitos que acontezan.

A representación teatral supón o eixo da festa no que se encaixan os concertos da noite, todos grupos de estilo étnico onde non pode faltar o folk. Porén, ao longo de todo o día os que se acheguen a Vimianzo teñen un grande repertorio de actividades ás que acollerse. Ademais do Asalto, durante todo o día hai actividades paralelas para pequenos e maiores, ambientadas, por suposto, na Idade Media. Entre elas destaca a gastronomía, cos Pinchos Irmandiños (tapas do século XV na hostalería local).

En definitiva, esta é a festa do Asalto ao Castelo, a festa dos Irmandiños. Unha festa referente no país e diferente ás demais feiras históricas: feita polo pobo e na que ninguén se sente estranxeiro.

Map of Asalto ao Castelo de Vimianzo