Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Paseo Colón, 4, Pontevedra, 36002
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra is one of the popular Government Organization located in Paseo Colón, 4 ,Pontevedra listed under Government organization in Pontevedra ,

Contact Details & Working Hours

More about Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Os arquivos históricos provinciais créanse polo Decreto do 12 de novembro de 1931, do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, coa finalidade de recoller os protocolos centenarios provinciais.
O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (AHPPo) dá os seus primeiros pasos da man de D. Enrique Fernández Villamil e Alegre cando se constitúe o Padroado do arquivo en 1932. O primeiro protocolo centenario ingresa o 4 de agosto de 1934, sendo esta data a que se considera como a fundacional do arquivo.
En 1940 trasládase desde o local cedido da Delegación de Hacienda ao Instituto Nacional de Ensino Medio ata que, en 1960, se instala no edificio que ocupa actualmente, no Paseo de Colón da cidade de Pontevedra, compartindo espazo coa Biblioteca Pública Provincial.
Tras a reforma de 1993-1996, o edificio dedícase soamente a arquivo.
Ademais de custodiar documentación histórica, a partir do Decreto do 8 de maio de 1969, de creación do Arquivo Xeral da Adminis- tración, establécese que os arquivos his- tóricos provinciais pasen a ser tamén arquivos intermedios da Administración.
Tras a transferencia da xestión dos arquivos de titularidade estatal á Comunidade Autónoma de Galicia, en 1989, o AHPPo pasa a formar parte do Sistema de Arquivos Galego e recibe regularmente fondos documentais mediante transferencia dos órganos da Administración xeral do Estado e da Xunta de Galicia na provincia, realizando a función de recibir, custodiar e servir esta documentación. Outras formas de ingreso son as doazóns e os depósitos.


Map of Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra