Alcer Coruña

As Xubias, nº 84, 4º andar, A Coruña, 15006 ,Spain
Alcer Coruña Alcer Coruña is one of the popular Social Service located in As Xubias, nº 84, 4º andar ,A Coruña listed under Social Services in A Coruña , Non-governmental organization (ngo) in A Coruña ,

Contact Details & Working Hours

More about Alcer Coruña

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, ALCER Coruña, nace en 1976 co firme propósito de mellorar a calidade de vida do enfermo renal. Nas súas orixes loitaba porque todo paciente renal tivese acceso a un tratamento de diálise, fundamental para a súa supervivencia. Anos despois, ALCER, traballando conxuntamente co resto dos ALCERES provinciais, convértese no principal precursor da actual Lei de transplantes, da que se cumpriu recentemente o seu XXV Aniversario. Hoxe en día, e unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, ALCER é unha das entidades que máis claramente apostan por traballar optimizando os recursos sanitarios, baixo o convencemento de que, a atención ás persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senón que é necesario o desenvolvemento de redes de apoio psicosocial con áreas de actuación integrais no campo da asistencia sanitaria, a protección e o benestar social. Baseándose nestes principios, ALCER persegue asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia posíbel nas persoas con ERC, transplantadas de órganos e familias en particular, e a todas as persoas cunha enfermidade crónica en xeral, a través da concreción das seguintes actuacións marcadas nolos seus estatutos:

Actuacións

A asistencia e información aos enfermos de ril e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitario e social, especialmente no concernente á asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializados.
A realización de todo tipo de accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e tecidos.
A atención en procesos de rehabilitación psicosocial e inclusión laboral e social, das persoas con discapacidade xerada por doenzas crónicas susceptíbeis de transplante
A promoción de servizos de atención á dependencia
A execución de todas as actividades culturais, de lecer e deportivas que faciliten a participación e atención sociosanitaria do colectivo.
O fomento da investigación dos problemas que suscitan as enfermidades de ril nos seus aspectos médico, asistencial e socioeconómico, así como da prevención das mesmas.
A divulgación popular das necesidades deste colectivo, as súas posíbeis solucións, así como os seus múltiples aspectos sociais e xurídicos.
A realización de actuacións encamiñadas ao fomento e participación de voluntariado.
O establecemento de servizos propios de asesoramento laboral, educativo, social e psicolóxico, máis os que se crean necesarios para unha atención integral.
A colaboración con todas aquelas persoas e entidades, públicas ou privadas, onde se realicen actividades que poidan conducir á consecución dos fins da asociación.
Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización dos fins da Asociación.

Map of Alcer Coruña