Albergue Granxa de Barreiros

Lu-633 km 54, Lugar de Ortoá -Sarria - Lugo, 27612 ,-NA-
Albergue Granxa de Barreiros Albergue Granxa de Barreiros is one of the popular Travel Agency located in Lu-633 km 54 ,Lugar de Ortoá -Sarria - Lugo listed under Travel Agency in Lugar de Ortoá -Sarria - Lugo , Travel/leisure in Lugar de Ortoá -Sarria - Lugo , Bed and Breakfast in Lugar de Ortoá -Sarria - Lugo , Outdoor Equipment Store in Lugar de Ortoá -Sarria - Lugo ,

Contact Details & Working Hours

More about Albergue Granxa de Barreiros

O Albergue GRANXA DE BARREIROS é un centro de aprendizaxe ou de iniciación na cultura medioambiental. É unha experiencia innovadora que, partindo da nosa experiencia educativa, a nosa profesionalidade e a coherencia dos nosos servicios, queremos dar resposta e satisfacer as espectativas dun turismo en Galicia identificado coa natureza, a cultura e as emocións.

A Granxa de Barreiros nace no ano 1939 como un proxecto no que se quería poñer en valor a vida no rural galego e dar un impulso importante ao desenvolvemento agrícola da comarca, con continuas actividades formativas tanto para nenos como para adultos.

En 2013 o Proxecto Granxa de Barreiros crea un novo equipamento con denominación ALBERGUE GRANXA DE BARREIROS e oferta aloxamento e actividades de Educación Ambiental para o público en xeral, contribuíndo ao desenvolvemento sostible dentro da comarca de Sarria, participando así no desenvolvemento turístico do Camiño de Santiago e implicándose na conservación do seu patrimonio Natural e Cultural.

Detrás do seu programa funcional ofrecemos ao visitante a súa participación en actividades para o coñecemento e a conservación do medio, con diversos temas como os ecosistemas acuático e bosque, a auga, os animais da granja, o horto e a alimentación ecolóxicos, o tratamento selectivo dos residuos, o Patrimonio Natural e Cultural da comarca, o Camiño de Santiago, mediante diferentes recursos como charlas orientativas, obradoiros de artesanía e creación artística, itinerarios interpretados, concertos, gastronomía...

Map of Albergue Granxa de Barreiros