Albergue de Quiroga

real 118, Quiroga, 27320 ,Spain
Albergue de Quiroga Albergue de Quiroga is one of the popular Inn located in real 118 ,Quiroga listed under Travel Agency in Quiroga , Hotel in Quiroga , Hostel in Quiroga ,

Contact Details & Working Hours

More about Albergue de Quiroga

Entre a Serra do Courel e a Ribeira Sacra, nun entorno natural privilexiado, atópase o albergue de Quiroga. Punto de encontro para as mellores experiencias das que se poden disfrutar nesta zona de Galicia. Este ecosistema, con vales e ríos, grandes canóns, fragas e devesas, ofrece ao visitante unha combinación única de aventura, deporte, natureza e historia. Apto, pola súa disposición, tanto para colectivos como colexios, campamentos e asociacións deportivas como para particulares de calquera idade, as instalacións tamén están adaptadas para persoas coa mobilidade reducida. Vivir un reto, coñecer a flora e fauna da zona, viaxar polo tempo… son so algunhas das experiencias que poderás vivir.
A instalación está situada no centro de Quiroga, conta con 150 prazas repartidas en 27 habitacións con capacidade para 2, 4, 6 e ata 16 persoas, todas elas con baño propio. Ademáis ao seu carón atópanse tódolos servizos básicos coma centro de saúde, farmacia e supermercado, e cantidade de servizos de ocio e restauración locáis.
Alóxaste con nos?

Map of Albergue de Quiroga